Bion 1, tamén coñecido como Kosmos 605, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 31 de outubro de 1973 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 1 foi o primeiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 221 km de perixeo, 424 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.

A carga de Bion 1 consistiu en varias docenas de ratas, seis caixas con tartarugas, fungos, catro cascudas e esporas bacterianas, cos que se obtiveron datos sobre o comportamento e as reaccións de mamíferos, réptiles, insectos, fungos e bacterias á ausencia prolongada de gravidade.

A cápsula regresou o 22 de novembro de 1973, recuperándose a unha latitude de 53° 29' N e unha lonxitude de 65°27' E.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11

Categoría:Bion