Cayetano Antonio Aldrey Salvado, nado no Lobio (Santiago de Compostela) o 3 de maio de 1851 e finado en Buenos Aires o 11 de maio de 1922Necrolóxica en El Eco de Galicia, 1110, 20-5-1922, p. 1., foi un mestre e filólogo galego.
Traxectoria Estudou no seminario compostelán no que fixo amizade con Bernardo Rodríguez Ribeira e do que saíu antes de ordenarseBiografía Bernardo Rodríguez Ribeira. En 1874 emigrou á Arxentina e instalouse en Buenos Aires ata a súa morte. Dedicouse ao ensino privado e ao estudo de temas lingüísticos e filolóxicos. En 1896 propúxolle ao Goberno arxentino a elaboración dun texto oficial o solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa proposta foi aceptada dous anos máis tarde mediante a apertura dun concurso para escoller os textos. Tamén se ocupou do estudo de cuestións filolóxicas do idioma galego, sobre as que polemizou con Julio Dávila e Bernardo Rodríguez. Colaborou en El Correo Español, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Integrouse na Xunta Protectora da Academia Galega na súa fundación (1906) e defendeu a creación dun idioma universal.
Obras Artículos publicados en la prensa, corregidos y ampliados, del estudio de la lengua castellana por los Señores Baldmar F. Dobranich y R. Monner Sanz, 1894. Ortografía fonética. Justificación de la usual española, 1896. Correspondencia sobre cuestiones gramaticales, 1900. Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral, 1907.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Gran Enciclopedia Gallega.
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1922