O patrón costeiro ou de costa é o profesional náutico-pesqueiro encargado do mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora de puntal a puntal e 400 kW de potencia efectiva da máquina.
Para acceder a un posto de patrón de costa é preciso superar unha formación de Patrón Costeiro Polivalente, cunha duración mínima de 600 horas, de máquinas e de ponte.
Atribucións O patrón costeiro ten legalmente recoñecidas as seguintes atribucións:
O Mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora pp e 400 kW de potencia efectiva da máquina, adicado á pesca costeira, de litoral ou auxiliar de acuicultura e a unha distancia de ata 60 millas da costa
A xefatura de máquinas en buques pesqueiros con potencia propulsora non superior a 400 kW. O enrolamento coma oficial encargado da garda de navegación en buques adicados á pesca litoral. O enrolamento coma oficial encargado da garda de máquinas en barcos adicados á pesca de litoral. Previa autorización da Dirección Xeral da Mariña Mercante, exercer en buques mercantes que operen en augas interiores, coas atribucións determinadas anteriormente e ata un máximo de 150 persoas en buques de pasaxe.
Notas
Categoría:Pesca Categoría:Ocupacións marítimas