O Porin Ässät, ou simplemente Ässät, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pori (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en tres ocasións (1971, 1978 e 2013), se ben só o segundo título foi coa actual denominación. Xoga os seus partidos como local no Isomäki Areena, un pavillón con capacidade para 6.350 espectadores.

Historia

Antecedentes

miniatura|Camisola do RU-38 no Museo finlandés do hóckey sobre xeo. miniatura|O xogador dos Karhut Erkki Harju (esquerda) e o xogador do Ilves Jarmo Wasama (dereita). A principios da década de 1960 dous equipos da cidade de Pori uníronse á SM-sarja, o RU-38 e os Porin Karhut. Axiña ambos equipos situáronse nos primeiros postos da liga ee conseguiron éxitos. Os Karhut gañaron a liga en 1965 e RU-38 dous anos despois, en 1967. Había unha forte competencia entre os dous equipos, tanto no xeo como fora del. A cidade estaba dividida entre os seareiros dos Karhut e do RU-38, se ben os Karhut eran máis populares porque a xente considerábaos o club da cidade. Por outra banda, o RU-38 era considerado un club da fábrica Rosenlew, financiado pola empresa, mais contaba cos seus propios seareiros. As relacións entre ambos clubs non eran moi boas.

Aínda que o RU-38 gañou o campionato finés en 1967, a compañía Rosenlew considerou seriamente abandonar as actividades deportivas, xa que Rosenlew sentía que o hóckey non lle achegaba publicidade positiva abondo, senón o contrario. Os dirixentes dos Karhut e o RU-38 negociaron a unificación de ambos clubs durante a primavera e os inicios do verán dun xeito tan secreto que mesmo os integrantes dos equipos non se decataron das negociacións da fusión. O problema para os Karhut era a recesión económica, xa que o club investira na adquisición de xogadores para loitar pola SM-sarja e conseguir o dominio no hóckey local. Os ingresos non foron suficientes para cubrir os gastos, especialmente despois de que algúns seareiros se cambiaran a club de Rosenlew.

Cando Rosenlew abandonou o club deportivo, suxeriuse que o RU-38 simplemente se fusionara cos Karhut, o que non foi cuestionado por parte de Rosenlew. O club precisaba dun novo nome. Cando finalmente se chegou a un acordo, Rosenlew fíxose cargo de boa parte da débeda dos Karhut e prometeu axudar financeiramente o novo club durante os seus primeiros anos. O novo club chamouse Porin Ässät. O nacemento do novo club anunciouse en 1967. Vilho Santala, que actuou como negociador na unión dos dous equipos e foi elixido primeiro presidente do novo club, foi quen lle deu o nome ao equipo. O logotipo do equipo foi deseñado por Vesa Antikainen, mentres que a cor elixida para representalo foi o vermello, que quedaba ben co negro e o branco do logotipo.

Primeiras tempadas (1967–1970) Os primeiros días dos Ässät logo da fusión non foron tranquilos. Mover os xogadores dos Karhut e o RU-38 ao mesmo equipo non foi posible sen que os directivos de ambos os clubs se reuniran para arrefriar a atmosfera acalorada. A fusión dos dous clubs máis importantes produciu entre os seareiros de Pori a expectativa de que se instalara un superequipo na cidade The early days of Ässät did not go smoothly after the merger. Moving Karhut, o que non chegou a producirse, xa que varios xogadores de nivel de equipo nacional procurou un novo equipo. Os xogadores que marcharon foron principalmente os pertencentes ao daquela vixente campión finlandés, o RU-38, polo que o primeiro equipo dos Ässät estaba integrado principalmente pr xogadores dos Karhut. miniatura|Ässät e SaPKo na final Suomen Cup de 1967. Ässät venceu a SaPKo 7–0 para facerse co seu primeiro título. Os primeiros partidos dos Ässät no outono de 1967 foron be e mesmo antes de iniciar a SM-sarja chegou o primeiro título do club tras proclamouse campión da Suomen Cup logo de impoñerse na final ao SaPKo de Savonlinna por sete goles a cero. Ademais, grazas ao campionato de RU-38 na tempada precedente, os Ässät xogaron a edición de 1968 da Copa de Europa, na que a pesar de gañar as dúas primeiras roldas caeu fronte o SC Dynamo Berlin nos cuartos de final.

Na súa primeira tempada na SM-sarja, a 1967–68, os Ässät dirixidos por Rauli Virtanen finalizaron na cuarta posición. O novo club non recibiu o apoio incondicional da xente de Pori, xa que a asistencia aos seus partidos como local diminuíu un pouco. A audiencia total na súa primeira tempada foi de 10 000 espectadores menos que a derradeira tempada dos Karhut. Na segunda tempada dos Ässät as cifras de asistencia comezaron a aumentar, chegando ao mesmo nivel que tiveran os Karhut. Lasse Heikkilä, o antigo adestrador dos Karhut, converteuse no adestrador do equipo na súa segunda tempada e permaneceu no cargo ata 1974, e posteriormente entre 1976 e 1981. Na tempada 1968–69 Ässät finalizou de novo na cuarta posición. Para a seguinte tempada, a 1969–70, os Ässät sufriron dúas importantes baixas cando Veli-Pekka Ketola e Alpo Suhonen marcharon aos Jokerit de Helsinqui durante un ano, o equipo acabou notando a perda e finalizou a liga na sexta posición.

Primeiro campionato (1970–1971) miniatura|Foto de equipo dos Ässät na tempada 1970–71, cando o equipo conseguiu o seu primeiro campionato. Na tempada 1970–71, os Ässät conseguiron un retorno de primeira clase cando Veli-Pekka Ketola regresou a Pori dende Helsinqui, onde xogara durante unha tempada nas filas dos Jokerit. Alpo Suhonen tamén regresou aos Ässät despois de Ketola. O regreso de Ketola ao seu club de orixe provocou un grande entusiasmo polo adestramento tamén noutros xogadores, e o adestrador Lasse Heikkilä levou o equipo nunha viaxe de adestramento a Moscova antes do inicio da tempada. A viaxe á Unión Soviética fixo comezar o adestramento moi cedo para os estándares da época, xa que non había xeo en Pori a principios de outono. Na tempada 1970–71 os Ässät finalizaron na terceira posición a liiga regular por detrás dos Jokerit e de HIFK. Nas series finais os Ässät perderon tan só un dos seus dez partidos e superaron os equipos da capital que estaban por diante. O equipo asegurou a medalla de ouro por unha diferenza de cinco puntos respecto dos Jokerit, que finalizaron segundos. O primeiro campionato chegou baixo o liderado do trío de atacantes formado por Erkki Väkiparta - Veli-Pekka Ketola - Tapio Koskinen. Outras liñas detrás do nº 1 tamén puideron achegar ao equipo. Houbo tamén grandes nomes en defensa, como Antti Heikkilä e Pekka Rautakallio. Veli-pekka Ketola foi o máximo puntuador na SM-sarja durante a tempada 1970–71 con 42 puntos, dos cales 25 foron goles e 17 foron asistencias. O capitán dos Ässät durante a tempada foi Raimo Kilpiö. O primeiro porteiro dos Ässät foi Jorma Valtonen que played xogou todos os partidos da tempada e finalizou cun 92,2 % de paradas.

Segundo campionato (1977–78) A tempada 1977–78 superou de novo as expectativas de éxito cando Pekka Rautakallio e Veli-Pekka Ketola regresaron de América do Norte aos Ässät, que se uniron xogadores novos prometedores do club como Arto Javanainen, Kari Makkonen, Tapio Levo e Harry Nikander. Os ases finalizaron a liga regular na segunda posición por detrás de Tappara e derrotaron o TPS de Turku nas semifinais (3–2). As series finais fronte o Tappara non comezaron ben, xa que o equipo de Tampere impúxose no primeiro partido da serie en Tampere 8–0. Con todo, os Ässät gañaron o resto de partidos, e o club conseguiuu o seu segundo campionato Finlandés. O último partido disputado no Porin jäähalli (na actualidade denominado Isomäki Areena) tivo unha audiencia estimada de máis de 14 000 persoas nas bancadas, aínda cando tan só se debería ter permitido a entrada a 8 600 persoas na época. Houbo máis persoas nas bancadas de Pori que en ningún outro partido previo de hóckey sobre xeo celebrado en Finlandia. Nos primeiros anos da SM-liiga na segunda metade da década de 1970, os Ässät eran un dos equipos máis fortes da competición. O xogador máis importante do equipo foi o capitán, o centro Veli-Pekka Ketola, que regresara da WHA norteamericana. Ketola bateu o récord de puntos nos play-offs no momento.

2012–13: o campionato sorpresa miniatura|242px|Stephen Dixon coa camisola dos Ässät. A tempada 2012–13 foi diferente para os Ässät. O equipo comezou forte a liga, mais co cambio de ano caeu por debaixo da liña dos play-offs. O equipo vendeu o seu centro número 1, Stephen Dixon, ao Lokomotiv Yaroslavl da Kontinental Hockey League (KHL). Ao final de xaneiro os Ässät comezaron a maior racha gañadora da spa historia, que só finalizou cunha derrota na prórroga fronte aos Kärpät de Oulu ao final da liga regular. Na clasificación ascendeu dende o posto 14 ata a cuarta posición. Nos cuartos de final, os Ässät derrotaron ao KalPa de Kuopio por 4–1 na serie disputada ao mellor de sete encontros. Nas semifinais fronte o JyP Ässät comezou cunha na prórroga cando Michael Ryan anotou o gol gañador no minuto 92:51. Os Ässät gañaron o segundo partido en Pori 2–0 e o terceiro en Jyväskylä (1–4). O JyP reduciu distancias coa súa vitoria a domicilio (1–2), mais o equipo de Pori gañou o quinto partido por 0-1 e clasificouse para as finais, onde se enfrontou ao Tappara. O equipo de Tampere gañou o primeiro partido da final por 2–1 logo de que Jukka Peltola marcara cinco segundos antes de que finalizara o tempo regulamentario. No segundo partido das finais, disputado en Pori, os Ässät impuxéronse por 5–1, mentres que no terceiro, Tappara foi mellor cun resultado de 3-2, e o gol gañador foi anotado por Niclas Lucenius tan só un segundo antes de finalizar o tempo regulamentario. Ässät gañou o cuarto partido 4–0 no seu estadio. No quinto partido das finais, os Ässät conseguiron a vitoria a domicilio por 2-1. Veli-Matti Savinainen anotou o gol gañador logo dun pase de Ville Uusitalo na terceira prórroga no minuto 108:59. O partido foi o máis longo dunhas finais na historia da SM-liiga, e o terceiro máis longo en todos os play-offs. Finalmente os Ässät gañaron o campionato finlandés logo de derrotar o Tappara no sexto partido por 3–2 cun gol de Jyri Marttinen, finalizando a serie cun resultado de 4–2 e conseguindo o seu primeiro título dende 1978. Viuse un auténtico cambio xeracional despois do partido, cando o capitán do equipo campión de 1978, Veli-Pekka Ketola, saltou ao xeo para entregar a Kanada-malja ao capitán Ville Uusitalo.

O nome completo da compañía que xestiona o club na actualidade é HC Ässät Pori Oy.

Identidade do equipo Logotipo O logotipo principal dos Ässät é unha pica (♠️) dentro dun anel negro. Foi deseñado por Vesa Antikainen e os Ässät o teñen empregado este dende 1967.

Música miniatura|A banda Nuoret Vihaiset Miehet, autora do tema "Patasydän". A canción de apoio das seareiras e seareiros de Ässät é "Patasydän" (en galego "Corazón de pica"), da banda de rock local Nuoret Vihaiset Miehet. En 2011 realizouse un vídeo no que participaron fans do equipo.Vídeo orixinal de "Patasydän" en YouTube

Mascota A mascota dos Ässät dende 2017 é Rysty Mesikämmen. Rysty Mesikämmen é un oso pardo que leva un casco de hóckey sobre xeo e unha camisola dos Ässät co número 67.

Pavillón

thumb|A pista de xeo de Isomäki en 1964. Os Ässät xogan os seus partidos como local no Isomäki Areena, pavillón que comparte co Karhu HT da Suomi-sarja, o terceiro nivel do hóckey sobre xeo finlandés. O estadio foi inaugurado en 1964 como unha pista de xeo artificial esterior. En 1971 completouse o pavillón cuberto con capacidade para 8 000 persoas.

Na actualidade o Isomäki Areena ée coñecido polo seu ambiente próximo e ten reputación de pista complicada para os equipos visitantes. O pavillón está situado no Centro Deportivo de Pori, no distrito de Isomäki. Foi renovado entre os anos 2014 e 2016, e o seu nome mudou oficialmente polo de Isomäki Areena. En 2022 a capacidade do pavillón era de entre as 6 350 e as 6 500 persoas. Na tempada 2022-23 o nome do pavillón pasou a ser West Areena.