O Idrottsföreningen Kamraterna i Helsingfors, frecuentemente abreviado como HIFK, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en seis ocasións, se ben só catro destes títulos os conseguiu dende que a competición adoptou a súa denominación actual en 1975. Xoga os seus partidos como local no Helsingin jäähalli, un pavillón con capacidade para 8.200 espectadores.
Historia Unha das principais influencias do HIFK foi o veterano da NHL e campión da Stanley Cup Carl Brewer. Contratado en 1968 como adestrador do HIFK, abogou por un estilo norteamericano que caracterizou durante moito tempo ao equipo. Brewer influíu no estilo do hóckey finlandés, o que o levou a ser recompensado no Hockey Hall of Fame finlandés en 2003. En 1981 o club conseguía o seu maior logro a nivel europeo ao chegar á final da Copa de Europa, onde caeu fronte ao HC CSKA Moscova
Xogadores Xogadores destacados Tony Arima Terry Ball Darren Boyko Carl Brewer Jan Čaloun Johan Davidsson Matti Forss Steve Guolla Matti Hagman Bob Halkidis Raimo Hirvonen Esa Isaksson Iiro Järvi Hannu Kapanen Sami Kapanen Jere Karalahti Valeri Krykov Kimmo Kuhta Kari Laitinen Ross Lupaschuk Hannu Lassila Pertti Lehtonen Sakari Lindfors Harri Linnonmaa Anssi Melametsä Lauri Mononen Cory Murphy Raymond Murray Matti Murto Frank Neal Timo Pärssinen Lalli Partinen Esa Peltonen Lasse Pirjetä Brian Rafalski Juha Rantasila Pekka Rautakallio Heikki Riihiranta Christian Ruuttu Simo Saarinen Tommi Salmelainen Tony Salmelainen Ilkka Sinisalo Juhani Tamminen Tim Thomas Esa Tikkanen Pekka Tuomisto Roman Vopat Stig Wetzell Carey Wilson
Números retirados 1 Stig Wetzell, 1972–1983 5 Heikki Riihiranta, 1967–1983 7 Simo Saarinen, 1980–1996 17 Matti Murto, 1964–1983 20 Matti Hagman, 1972–1992 22 Mika Kortelainen, 1987–2002 23 Pertti Lehtonen, 1976–1998 35 Sakari Lindfors, 1985–2002
Equipo feminino
miniatura|Xogadoras de HIFK Naiset na tempada 2023-24. O Helsingin IFK conta cun equipo feminino, tamén coñecido como Stadin Gimmat que foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga.
O equipo foi un dos fundadores da máxima competición feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia, a daquela denominada SM-sarja en 1982, mais descendeu por motivos económicos n 1989 e cesou a súa actividade ata que se refundou en 2018, conseguindo o ascenso á Naisten Liiga na súa tempada debut. Os maiores éxitos do equipo ata 2023 foron o campionato finlandés conquistado en 2023, unha medalla de prata en 2022 e tres medallas de bronce conseguidas en 1988, 1989 e 2021.
Palmarés 6 SM-liiga: 1969, 1970, 1974, 1980, 1983 1998 e 2011
Notas
Véxase tamén Outros artigos Stadin Gimmat (equipo feminino de HIFK que compite na Naisten Liiga)
Ligazóns externas Sitio web oficial do HIFK
Categoría:HIFK Hockey