O galaico, tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q)Villar F., B. M. Prósper. (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 333-350. ISBN 84-7800-530-7. ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida."The Celts in the Iberian Peninsula: Celtiberian" , artigo de Carlos Jordán Cólera en e-Keltoi vol. 6, 16 de marzo de 2007 páx. 749–750 . Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.Palabras do galego, como crica, do protocelta *kīkwā ("suco"), laxe, do proto-celta *(p)lagēnā ("punta de lanza"), leira, do proto-celta *(p)lāryo- ("piso", "chan"), ou alboio, do proto-celta *(p)are-bowyo-.
Distintividade Tanto Pomponio Mela coma Plinio o Vello escribiron sobre as poboacións celtas e non celtas de Gallaecia e Lusitania. Algúns autores modernos especularon sobre a posibilidade de que ámbalas rexións compartisen unha mesma lingua céltica, mentres que outros autores sinalan dificultades non resoltas dentro desta hipótese, como as características fonéticas incompatíbeis das dúas rexións, como a preservación de *p- e o reflexo inconsistente das consoantes líquidas silábicas.Entre eles os Praestamarci, Supertamarci, Nerii, Artabri e, en xeral, todas as persoas que viven á beira do mar, agás os Grovi do sur de Galicia e do norte de Portugal: "Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent. Deinde ad septentriones toto latere terra convertitur a Celtico promunturio ad Pyrenaeum usque. Perpetua eius ora, nisi ubi modici recessus ac parva promunturia sunt, ad Cantabros paene recta est. In ea primum Artabri sunt etiamnum Celticae gentis, deinde Astyres". Pomponius Mela, Chorographia, III.7-9.cf. Wodtko 2010: 361-362Prósper 2002: 422 e 430Prósper 2005: 336-338Prósper 2012: 53-55 A evidencia filoxenética amosa que a lingua galaica, se ben comparte algunhas características co celtibero, ten evolucións fonéticas que o diferencian do celtibero.
Revitalización A comezos do século XXI diversos movementos culturais amosaron interese en rescatar a tradición lingüística galaica. Algúns chegaron a propoñer revivir a lingua a través da reconstrución lingüística, baseándose nas evidencias existentes e en linguas celtas como o antigo irlandés ou o reconstruído protocelta. Unha das aspiracións deses movementos culturais é a creación dun dicionario atebivota formado por palabras do galaico. Eses traballos foron apoiados pola Liga Céltiga Galaica, que ademais promove o intercambio con outros movementos pancélticos como a Liga Céltica, aínda que esta última só recoñece movementos ligados a linguas celtas vivas.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Búa, Carlos (2007) O Thesaurus Paleocallaecus, in Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS LV (121): 109-136. DCECH = Coromines, Joan (2012). Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Gredos. .
Luján Martínez, Eugenio R. (2006) The Language(s) of the Callaeci. e-Keltoi 6: 715-748.
Prósper, Blanca María e Francisco Villar (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: Genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. .
Wodtko, Dagmar S. (2010) The Problem of Lusitanian, in
Outros artigos Galaicos Gallaecia Lista de palabras galegas de orixe celta Topónimos célticos en Galicia Ligazóns externas Antropónimos galaicos e de orixe céltica no web dos nomes galegos, da Asociación Fillos de Galicia.
Categoría:Linguas celtas continentais Categoría:Linguas de Galicia Categoría:Linguas mortas de Europa