Os korarqueotas (Korarchaeota) son un filo de arqueas.See the NCBI webpage on Korarchaeota. Data extracted from the O nome procede do xénero principal do grupo Korarchaeum. Tamén se lles ten chamado Xenarchaea e Xenarchaeota.
Foron descubertas a partir de mostras de secuencias xenómicas de ARNr 16S recollidas en ambientes naturais e non se puideron cultivar. As Korarchaeota só se atoparon en ambientes hidrotermais de altas temperaturas. Parece que se diversificaron a diferentes niveis filoxenéticos de acordo coa temperatura, salinidade das augas, e xeografía. Son pouco abundantes na natureza.Auchtung Thomas A. (2007) Ecology of the hydrothermal candidate archaeal division, Korarchaeota. PhD thesis, Harvard University. Os procesos metabólicos de Korarchaeota, incluíndo como conseguen enerxía e obteñen o carbono, son descoñecidos. A análise das súas secuencias de ARNr 16S suxire que estas especies non forman parte dos dous principais grupos de arqueas, Crenarchaeota e Euryarchaeota . Parece que son un grupo basal de arqueas, xa que teñen características tanto de Crenarchaeota coma de Euryarchaeota. O xenoma de Korarchaeum cryptofilum, que foi enriquecido a partir de cultivos mixtos, foi secuenciado e as súas características apoian a hipótese de que se ramificaron moi cedo do resto..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas NCBI Korarchaeota
Bibliografía
Categoría:Arqueas