El Telegrama foi un xornal republicano coruñés, fundado en 1873 por Vicente Abad Torregrosa. Foi un dos primeiros xornais da cidade.

Historia e características Era de carácter democrático e progresista. Estivo dirixido primeiro por Darío García e despois por Ramón Faginas ata 1877. Nel colaboraron diferentes xornalistas como Adolfo Vázquez Gómez, Romualdo Real Vázquez, Froilán Salazar Roca e Eladio Fernández Diéguez, que foi o seu redactor xefe.

Na súa segunda época, a partir de 1877, engadiu como subtítulo Diario político, comercial y de intereses materiales. Estivo dirixido por Benito García. En 1881 cambiou a súa redacción e pasou a defender as aspiracións do Partido Demócrata-Progresista.El Correo Gallego, 20-4-1881, p. 2. Cesou a súa publicación o 10 de outubro de 1899 con motivo do falecemento do seu último propietario e director Daniel González Fernández.Revista Gallega, 240, 15-10-1899, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "TELEGRAMA, El" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos

Categoría:1873 en Galicia