Kosmos 225 (Космос 225 en ruso), tamén denominado DS-U1-Ya Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 11 de xuño de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 225 foi o segundo e último membro (e único exitoso) do modelo de satélites DS-U1-Ya. Estaba adicado a facer observacións das partículas cargadas e dos raios cósmicos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 530 km de apoxeo e 257 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,2 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de novembro de 1968.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U1-Ya