Tõnu Õnnepalu, nado o 13 de setembro de 1962 en Talín, tamén coñecido polos seus pseudónimos Emil Tode e Anton Nigov, é un escritor estoniano.
Õnnepalu naceu en Talín e estudou bioloxía na Universidade de Tartu desde 1980 até 1985. Comezou a súa carreira literaria en 1985 como poeta. En 1993 obtivo fama internacional pola súa novela Piiririik, que publicou baixo o nome de 'Emil Tode'. O libro traduciuse a máis dunha decena de linguas e foi o libro estoniano máis traducido dos 1990. En 1994 recibiu o galardón anual literario que outorga a Asemblea Báltica. A obra de Õnnepalu explora temas como a homosexualidade, o illamento e a traizón.
En 1992, o seu poema "Inquiétude du Fini" converteuse nunha peza coral, grazas ao compositor estoniano Erkki-Sven Tüür.
Ademais de escribir, Tõnu Õnnepalu traduciu obras ao estoniano desde o francés de autores tales como François Mauriac, Charles Baudelaire e Marcel Proust e escribiu en publicacións inglesas como a Poetry Society. Tõnu Õnnepalu é tamén membro da Xunta de Goberno da Eesti Maaülikool (Universidade Estoniana de Ciencias da Vida) en Tartu.
Novelas Piiririik (como Emil Tode), 1993. Hind (como Emil Tode), 1995. Mõõt (como Emil Tode), 1996. Printsess (como Emil Tode), 1997. Harjutused (como Anton Nigov), 2002. Raadio (como Emil Tode), 2002. Paradiis (como Tõnu Õnnepalu), 2009.
Coleccións de poesía Jõeäärne maja, 1985 Ithaka, 1988 Sel maal, 1990 Mõõt, 1996 Enne heinaaega ja hiljem, 2005 Kevad ja suvi ja, 2009
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Literatura estoniana
Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Tradutores ao estoniano Categoría:Tradutores do francés Categoría:Novelistas Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Talín Categoría:Poetas en lingua estoniana