Kosmos 137 (Космос 137 en ruso), tamén denominado DS-U2-D Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 21 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar xunto coa sonda lunar Luna 13.

Características Kosmos 137 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-D. Estaba adicado a facer observacións das partículas cargadas e da magnetosfera terrestre, observacións que serían continuadas máis tarde polo segundo membro da serie, o Kosmos 219. Kosmos 137 foi inxectado nunha órbita inicial de 1720 km de apoxeo e 230 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,8 graos e un período de 104,4 minutos. Reentrou na atmosfera o 23 de novembro de 1967.

Resultados Kosmos 137 obtivo o espectro de protóns na parte interior do cinto de Van Allen e medíu o exceso de radiación ó longo da súa órbita.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Kosmos 219

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-D