240px|miniatura|dereita|Proxección acimutal mostrando o Océano Glacial Ártico e o Polo Norte. O polo Norte, tamén chamado polo norte xeográfico e polo norte terrestre, é o lugar onde se localiza o extremo norte da Terra; é o lugar onde o eixe de rotación do planeta corta á superficie. Chámase polo norte verdadeiro para distinguilo do polo norte magnético. O lugar oposto é o polo sur.
O Polo norte é, por definición, o punto máis setentrional da Terra, atopándose antípodamente ao Polo Sur. Define a latitude xeodésica 90° norte, así como a dirección do norte verdadeiro. No Polo norte todas as direccións apuntan cara ao sur; todas as liñas de lonxitude conflúen alí, polo que a súa lonxitude pódese definir como calquera valor en graos. Non se asignou ningún fuso horario ao Polo norte, polo que se pode utilizar calquera hora como hora local. Ao longo dos círculos de latitude estreitos, no sentido contrario ás agullas do reloxo é o leste e no sentido das agullas do reloxo é o oeste. O Polo norte está no centro do hemisferio norte. A terra máis próxima adoita dicirse que é a illa Kaffeklubben, fronte á costa norte de Groenlandia, a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de grava quizais semipermanentes atópanse algo máis cerca.. O lugar habitado permanentemente máis próximo é Alert na illa Ellesmere, Canadá, que está situada a 817 km do Polo.
Mentres que o Polo sur se atopa nunha masa continental de terra, o Polo norte está situado no medio do océano Ártico no medio de augas cubertas case permanentemente por xeo mariño que cambia constantemente. A profundidade do mar no Polo norte foi medida en 4.087 m polo submarino USS Nautilus en 1958. e en 4261 m polo batiscafo ruso Mir durante a expedición Arktika 2007.Russian sub plants flag at North Pole , Reuters, 2 de agosto de 2007 Isto fai pouco práctica a construción dunha estación permanente no Polo norte (a diferenza do Polo sur). Con todo, a Unión Soviética, e máis tarde Rusia, construíron unha serie de estacións á deriva tripuladas con carácter xeralmente anual desde 1937, algunhas das cales pasaron por encima ou moi preto do Polo. Desde 2002, un grupo de rusos tamén establecen anualmente, cerca do Polo, a base privada Barneo que funciona durante unhas semanas a principios de primavera.
Os intentos de alcanzar o Polo norte comezaron a finais do século XIX, e a marca Farthest North (Norte máis afastado) foi superada en numerosas ocasións. A primeira expedición indiscutible ao Polo norte foi a do dirixible Norge, que sobrevoou a zona en 1926 con 16 homes a bordo, entre eles o xefe da expedición Roald Amundsen. Tres expedicións anteriores -dirixidas por Frederick Cook (1908, por terra), Robert Peary, xunto co seu criado Matthew HensonMattew Henson (1866 – 1955) foi un explorador estadounidense que pode que fora o primeiro home en chegar ao Polo Norte, con Peary, en 1909. Porén algúns estiman que o grupo de Parcy se perdeu no polo e chegaron a uns 30 km do seu obxectivo. Por outra parte, debido a que Henson era negro e o seu status de empregado de Peary, nunca alcanzou a fama deste en Norteamérica, onde o racismo aínda era común naquela época. En 1921 publicou un libro sobre a súa expedición ártica (A Negro Explorer at the North Pole). Só o 6 de abril de 1988, no 79º aniversario, os restos de Henson foron levados ao Cemiterio Nacional de Arlington, e depositados preto do monumento a Peary.The Frederick A. Cook Society: "The Tragedy of America's Exploited Black Pioneer Polar Explorer Matthew Henson" e catro esquimós, o 6 de abril de 1909 (por terra) e Richard E. Byrd (1926, por aire)- tamén foron aceptadas no seu día como que alcanzaran o Polo norte. Con todo, en cada caso a análise posterior dos datos da expedición puxo en dúbida a exactitude das súas afirmacións.
As primeiras persoa verificadas que chegarón ao Polo norte por terra foi un grupo soviético de 24 homes en 1948, que formaba parte da expedición Sever-2 ao Ártico de Aleksandr Kuznetsov, que voou até o Polo antes de facer o último traxecto a pé. A primeira expedición terrestre completa ao Polo norte foi a de Ralph Plaisted, Walt Pederson, Gerry Pitzl e Jean-Luc Bombardier en 1968, utilizando motos de neve e con apoio aéreo.
O compás non apunta co seu polo norte ao polo norte xeográfico, senón cara ao polo sur magnético, situado nas proximades do P.N. xeográfico. A dirección na que apunta varía co tempo, debido á variación de posición do polo magnético en relación ó polo asociado, chamada declinación magnética, que nos anos 2010 ten aumentado ata 50-60 km/ano, cruzando en 2017 dito polo a liña de cambio de data cara a Siberia, a uns 390 km do Polo norte xeográfico.
Todos os corpos celestes teñen un polo norte e outro sur.
Os eixes de rotación destes corpos non adoitan ser coincidentes co eixe de translación. Así, os da Terra, forman un ángulo de 23,5º, e os de Urano, 97º.
Definición precisa miniatura|upright|Panorama do Polo Norte. O eixo de rotación da Terra - e, por tanto, a posición do Polo norte - adoitaba considerarse comunmente que era fixo (en relación coa superficie da Terra) ata que, no século XVIII, o matemático Leonhard Euler predixo que o eixo podería "cambalearse" lixeiramente. Cara a principios do século XX, os astrónomos observaron unha pequena "variación de latitude" aparente, determinada para un punto fixo da Terra a partir da observación das estrelas. Parte desta variación podería atribuírse a un vagabundeo do Polo a través da superficie da Terra, nun rango duns poucos metros. O desprazamento ten varios compoñentes periódicos e un compoñente irregular. A compoñente cun período duns 435 días identifícase co vagabundeo de oito meses predito por Euler e agora denomínase bamboleo de Chandler en honra ao seu descubridor. O punto exacto de intersección do eixo da Terra e da superficie terrestre, nun momento dado, denomínase "polo instantáneo", pero debido ao "bamboleo" isto non se pode usar como definición dun Polo norte (ou Polo sur) fixo cando se require precisión a escala métrica.
É desexable vincular o sistema de coordenadas terrestres (latitude, lonxitude e elevacións ou orografía) a accidentes xeográficos fixos. Con todo, dada a tectónica de placas e a isostasia, non existe un sistema no que todos os accidentes xeográficos sexan fixos. Con todo, o Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia e a Unión Astronómica Internacional definiron un marco denominado Sistema Internacional de Referencia Terrestre.
Día e noite O sol no Polo Norte está continuamente por riba do horizonte durante o verán e por baixo do horizonte durante o inverno. O amencer é xusto antes do equinoccio de marzo (arredor do 19 de marzo) e a partir dese momento o sol tarda tres meses en chegar ao seu punto máis alto, preto de 23 ½° de elevación no solsticio de verán (arredor do 21 de xuño). Despois comeza a baixar, chegando o solpor xusto despois do equinoccio de setembro (arredor do 24 de setembro). Cando o sol é visible no ceo polar parece que se movese nun círculo horizontal por riba do horizonte. Este círculo elévase gradualmente preto do horizonte xusto despois do equinoccio vernal á súa máxima elevación (en graos) sobre o horizonte no solsticio de verán e logo afúndese cara ao horizonte antes de caer por baixo del no equinoccio de outono.
Hora Na maioría dos lugares da Terra, a hora local determínase pola lonxitude, de xeito que a hora do día está máis ou menos sincronizada coa posición do sol no ceo. Por exemplo, ao mediodía o sol está máis ou menos na súa maior altura. Esta liña de razoamento non o ten o Polo Norte, onde o sol sae e se pon unha única vez ao ano, e todas as liñas de lonxitude, e polo tanto todas as zonas horarias, converxen. Ao non haber presenza humana permanente no Polo Norte non hai zona horaria particular asignada, polo que as expedicións polares poden empregar calquera hora que lles sexa conveniente, como a hora do meridiano de Greenwich, ou a zona horaria do país do que partiron.
Expedicións Anteriores o ano 1900 miniatura|upright|Mapa do Polo norte de Gerardus Mercator de 1595 miniatura|upright|Mapa do Polo norte de C.G. Zorgdragers de 1720 Xa no século XVI, moitas personalidades crían correctamente que o Polo norte atopabase nun mar, que no século XIX denominouse Polinia ou mar polar aberto. Por iso, confiábase en atopar un paso a través dos témpanos de xeo en épocas favorables do ano. Varias expedicións partiron para atopar o camiño, xeralmente con barcos baleeiros, xa utilizados habitualmente nas frías latitudes setentrionais.
En 1895 o explorador noruegués Fridtjof Nansen achegouse ata 3 graos e 46 minutos do Polo Norte xeográfico, pero non o acadou.Nansen, Fridtjof (1897): Farthest North, Volumes I and II. London: Archibald Constable & Co. ISBN 978-1-60239-237-3, Vol. I, páxs. 14–38. Tamén dispoñíbel en Project GutenbergFleming, Fergus (2002): Ninety Degrees North. London: Granta Publications. ISBN 1-86207-535-2, páxs. 239–240.. En 1908 o Dr. Frederick Cook dixo que chegara ao polo, mais demostrouse que a súa afirmación era un engano.
Unha das primeiras expedicións que partiron coa intención explícita de alcanzar o Polo norte foi a do oficial da mariña británica William Edward Parry, que en 1827 chegou á latitude 82°45′ Norte. En 1871, a Polaris expedition, un intento estadounidense de alcanzar o Polo dirixido por Charles Francis Hall, terminou en desastre. Outra tentativa da Royal Navy británica de chegar ao polo, parte da British Arctic Expedition, do comandante Albert H. Markham alcanzou en maio de 1876 a entón marca de 83°20'26» Norte antes de dar marcha atrás. Unha expedición de 1879-1881 comandada polo oficial da Armada dos Estados Unidos George W. De Long terminou tráxicamente cando o seu barco, o , foi esmagado polo xeo. Máis da metade da tripulación, incluído De Long, perdeuse. miniatura|esquerda|upright|O barco de Nansen Fram no xeo ártico En abril de 1895, os exploradores noruegueses Fridtjof Nansen e Hjalmar Johansen partiron cara ao Polo esquiando desde o barco de Nansen Fram. A parella alcanzou a latitude 86°14′ Norte antes de abandonar o intento e virar cara ao sur, chegando finalmente o arquipélago da Terra de Francisco Xosé.
En 1897, o enxeñeiro sueco Salomon August Andrée e dous compañeiros tentaron alcanzar o Polo norte no globo de hidróxeno Örnen («Aguia»), pero descenderon 300 km ao norte de Kvitøya, a parte máis nororiental do arquipélago Svalbard. Dirixíronse a Kvitøya, pero morreron alí tres meses despois de estrelarse. En 1930, a expedición Bratvaag norueguesa atopou os restos desta expedición.
O explorador italiano Luigi Amedeo, Duque dos Abruzos e o capitán Umberto Cagni da Mariña Real Italiana () navegaron no baleeiro reconvertido Stella Polare («Estrela Polar») desde Noruega en 1899. O 11 de marzo de 1900, Cagni dirixiu un grupo sobre o xeo e alcanzou a latitude 86° 34' o 25 de abril, establecendo unha nova marca ao bater o resultado de Nansen de 1895 por 35 ou 40 km. Cagni conseguiu regresar a duras penas ao campamento, permanecendo alí até o 23 de xuño. O 16 de agosto, o Stella Polare partiu da illa do Príncipe Rudolfo rumbo ao sur e a expedición regresou a Noruega.
1900–1940 miniatura|upright|Foto do grupo de zorras de Peary no lugar que eles afirmaban ser o Polo norte, 1909. De esquerda a dereita: Ooqueah, Ootah, Henson, Egingwah e Seeglo. O explorador estadounidense Frederick Cook afirmou alcanzar o Polo norte o 21 de abril de 1908 con dous homes inuit, Ahwelah e Etukishook, pero non puido presentar probas convincentes e a súa afirmación non goza de gran aceptación.