Requiem for a Dream é un filme estadounidense dirixido por Darren Aronofsky que se estreou no 2000. Baséase na novela homónima de Hubert Selby, Jr..
Sinopse Harry (Jared Leto) e a súa nai (Ellen Burstyn) teñen soños moi distintos: ela está permanentemente a dieta agardando o día en que poida participar no seu concurso televisivo preferido; a ambición de Harry e a súa moza Marion (Jennifer Connelly) é facerse ricos vendendo droga e utilizar as ganancias para abrir unha tenda de roupa, pero nunca teñen os cartos suficientes para iso. A pesar de todo, Harry e Marion non se resignan e farán o inimaxinable para conseguir a vida coa que soñan.
Personaxes Ellen Burstyn como Sara Goldfarb Jared Leto como Harry Goldfarb Jennifer Connelly como Marion Silver Marlon Wayans como Tyrone C. Love Christopher McDonald como Tappy Tibbons Mark Margolis como Mr. Rabinowitz Louise Lasser como Ada Marcia Jean Kurtz como Rae Sean Gullette como Arnold Keith David como Big Tim Dylan Baker como Doutor do sur Ajay Naidu como Carteiro Ben Shenkman como Dr. Spencer Hubert Selby, Jr. como Garda que ri Darren Aronofsky como Visitante
Galardóns e nomeamentos 2000: Nomeado ó Oscar: Mellor actriz (Ellen Burstyn). 2000: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor actriz (Ellen Burstyn). 2000: Seminci: Espiga de Ouro: Mellor filme. 2000: National Board of Review: Recoñecemento especial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Darren Aronofsky Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes sobre prostitución