Laureano Salgado Rodríguez, nado en Caldas de Reis o 5 de maio de 1847 e finado no mesmo concello o 5 de maio de 1930,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 8-5-1930, p. 7 foi un enxeñeiro e empresario galego.

Traxectoria Empezou facendo fortuna como representante de axencias consignatarias especializadas no transporte de emigrantes a América dende Vigo e Vilagarcía de Arousa. Despois dedicouse á industria eléctrica como propietario da empresa La Hulla Blanca, creando as centrais hidroeléctricas de Almofrei (Cotobade), Pego Negro (Gondomar), Aranza (Soutomaior) e Ponte Inferno no río Verdugo. Promoveu os periódicos Fray Prudencio e El Mirlo Blanco. Tivo a idea da creación do popular monumento á Virxe da Rocha en Baiona, que comezou a construírse en 1910. Foi deputado provincial (1898) e alcalde de Caldas de Reis (1913). En 1922 dirixiu o periódico mensual A Chave d'os Rayos. miniatura|150px|Laureano Salgado, 1928.

Recoñecementos Un busto no xardín botánico da Caldas de Reis recórdao. Unha rúa en Baiona leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Un caso de demografía industrial de principios del siglo XX: Las comarcas de Caldas y o Ullán pontevedrés entre los años 1.899 y 1.921 Laureano Salgado / Presentación

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Caldas de Reis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1930