Luigi Lucheni nado en París o 22 de abril de 1873 e finado en Xenebra 19 de outubro de 1910, foi un obreiro e anarquista francés.http://www.anarca-bolo.ch/cbach/biografie.php?id=510
Traxectoria Fillo de nai italiana, foi abandonado por esta nun orfanato de París onde traballaba. Tras pasar anos en familias de acollida conseguiu traballo en Suíza. No ano 1896 alistouse na cabalería italiana da Guerra de Abisinia, onde foi distinguido con varios condecoracións.
Unha vida sostida co mínimo para vivir, observando as penurias da clase traballadora levouno a iniciarse no estudo do anarquismo e na militancia activa. A terríbel represión coa que rei o de Italia Humberto I sufocou unha revolta de obreiros en Milán en maio de 1898 empuxouno á loita armada, ideando varios atentados posíbeis e ante a imposibilidade de viaxar decantouse pola Emperatriz Sabela de Wittelsbach máis coñecida como "Sisi" como obxectivo.
A Emperatriz de Austria visitou a cidade de Xenebra no mes de setembro de 1898 dándolle tempo a Luigi Lucheni a deseñar o atentado, que tivo lugar cando esta se dirixía a un barco de recreo do Lago Lemán acompañada dunha doncela. O anarquista simulando que tropezara con ela apuñalouna cunha lima triangular fabricada por el mesmo no corazón, provocándolle feridas tan pequenas que nin a propia emperatriz foi consciente. Unha vez xa no barco e tras varios desfalecementos descubriuse o feito e Luigui Lucheni foi detido, aínda que a propia Sabela Wittelsbach morreu esa mesma tardehttp://www.ville-ge.ch/archivesenligne/archives/consultation/cra/57/7759.html.
O obreiro confesou o asasinato e foi condenado o 10 de novembro a cadea perpetua, aínda que o propio reo pediu a extradición a Italia onde aínda existía a pena de morte para non cumprir a condena. A petición non foi atendida e o 19 de outubro de 1910 aforcouse na súa cela cun cinto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Dictionnaire des militants anarchistes
Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Personalidades de Italia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Aforcados