Isabel é unha serie de televisión española de carácter histórico estreada o 10 de setembro de 2012, ambientada na vida da raíña Isabel I de Castela, que abarca desde a súa infancia ata a súa coroación, pasando polas guerras civís polo trono de Castela, o seu matrimonio con Fernando de Aragón e as intrigas diplomáticas na convulsa Europa de finais do século XV.

Está producida por Diagonal TV para Televisión Española e a súa primeira e polo momento única tempada, de trece episodios, comezou a rodarse no verán de 2011.Comeza a rodaxe de 'Isabel', ficción histórica de máxima calidade para as noites de La 1 de TVE - RTVE.esIsabel, nova serie de TVE - LoMásDeLaTele Varias cadeas de televisión europeas e americanas xa mostraron o seu interese en comprar os seus dereitos.

A serie debería ser estreada o luns 30 de xaneiro de 2012, como anunciou a cadea, tras o final de tempada de Águila Roja, con todo, debido á crise vivida por RTVE tras o recorte de 200 millóns no seu orzamento, segundo anunciou o Goberno en xaneiro, polo que a súa emisión pospúxose a oito meses logo do esperado.'Isabel' chegará finalmente a La 1 este outono, oito meses logo do esperado

O 22 de novembro de 2012, Televisión Española e Diagonal TV anunciaron a renovación da serie para unha segunda tempada que se empezará a rodar en febreiro do 2013 e comezarase a emitir no mes de setembro dese mesmo ano.'Isabel' terá segunda tempada Rtve.es

Argumento A serie está baseada na vida da raíña Isabel a Católica, abarcando desde 1461 a 1474 e narra parte da súa nenez, o seu matrimonio con Fernando o Católico e o seu duro camiño cara ao trono de Castela.Isabel, unha muller moderna que reinou nunha corte chea de homes ambiciosos

A segunda tempada acollerá a guerra civil polo trono entre os partidarios de Isabel e os de Xoana de Castela, así como a toma de Granada e as viaxes de Cristovo Colón cara ás Indias.

Escenarios Para a segunda tempada o equipo tivo facilidades á hora de rodar nos lugares históricos reais onde transcorreron os feitos. O caso máis significativo foi o da Alhambra, en cuxos exteriores puideron gravar co obxectivo de dar máis realismo aos decorados nos que recrearan os seus interiores.'Isabel' se desplaza a Granada para grabar capítulos de su segunda temporada Ademais, nunha segunda visita puideron rodar a entrada dos Reis Católicos no Patio dos Leóns e a última escena da tempada no Partal.'Isabel' comienza en la Alhambra el rodaje de varias escenas de su segunda temporada Ademais de na Alhambra, en Granada puideron recrear tamén a expulsión dos xudeus na Carreira do Darro'Isabel' expulsa a los judíos en la última jornada de rodaje e o funeral de Muley Hacén en Serra Nevada.Sierra Nevada acoge el entierro de Muley Hacen Así mesmo, para a terceira tempada graváronse escenas en Oropesa, El Escorial, La Adrada, Plasencia, Méntrida, Montalbán e Toledo. A catedral desta última cidade foi de nova testemuña da proclamación como herdeiros de Xoana a tola e Filipe o fermoso.La Catedral de Toledo acoge el rodaje de la tercera temporada de 'Isabel'

Elenco

O elenco da serie está encabezado por Michelle Jenner, que desempeña o papel protagonista de Isabel ao longo das tres tempadas. O outro actor principal de toda a serie completa é Rodolfo Sancho, que representa ao rei Fernando. Na primeira tempada teñen papeis protagonistas Pablo Derqui, como Henrique IV de Castela; Ginés García Millán, como Juan Pacheco marqués de Villena, e Pedro Casablanc, como o arcebispo Carrillo.

Capítulos e audiencias Tempada 1: 2012 Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia Tempada 1 Tempada 2: 2013 Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia Tempada 2 Tempada 3: 2014 Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia Tempada 3 Especiais 2014 Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia Especiais

Notas

Véxase tamén Outros artigos La corona partida Carlos, Rey Emperador

Ligazóns externas Sitio web oficial da serie Trailer da serie Personaxes de Isabel

Categoría:Isabel (serie de televisión)