O Rovaniemen Kiekko ou RoKi é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.

Historia Antecedentes Os inicios do hóckey sobre xeo remóntanse ao inicio da década de 1960, cando na pista de Lapinaukea os equipos RTP, RoPS, Lappi Seura e Lapin Lukko loitaban pola supremacía do hóckey na capital de Laponia, e xa en 1970 xogábanse xa competicións de mozos e homes na cidade.

A pesar de que na década de 1970 o RoPS, o Lapin Lukko e o Rovaniemen Lappi cesaron as súas operacións, o equipo máis forte da década anterior, o RTP, continuou a súa actividade durante algún tempo.

Fundación do RoKi O RoKi fundouse en 1979.

En 2003 construíuse o Lappi-areena, o que mellorou as condicións do club, que elaborou un plano para ascender á Mestis nuns anos.

Na tempada 2008-09 ascendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, logo de clasificarse para a cualificación como segundo da Suomi-sarja. Na liguiña o RoKi conseguiu a segunda posición, arrebatándolle a praza na segunda categoría aos Titaanit de Kotka no seu primeiro intento.

Na tempada 2009-10 o equipo de Rovaniemi xogou na Mestis, mais descendeu ao finalizar a tempada novamente á terceira categoría, a Suomi-sarja, competición que gañou ao ano seguinte, porén non foi quen de ascender á Mestis nos play-offs.

Personalidades Xogadores Capitáns Dende o primeiro ascenso do RoKi á Mestis na tempada 2009-10 o equipo tivo cinco capitáns distintos, aínda que tanto Henri Joki-Erkkilä como Hannu Erkkilä exerceron en máis dunha tempada e en varios períodos, mentres que Antti Järvelä foi capitán en tres tempadas consecutivas. Na tempada 2023-24 o capitán do equipo é Antti Erkinjuntti. A continuación todos os capitáns do RoKi dende o seu ascenso á II-divisioona (cuarta categoría):

Capitáns do RoKi Nome(s) Período Pasi Tammela 1995-1996 Okko Reku 1996-1998 Marko Gröhn 1999-2000 Mika Hand 2000-2001 Samu-Matti Karppinen 2001-2002 Ilari Sainio 2002-2004 Jani Rautio 2004-2005 Ilari Sainio 2005-2010 Henri Joki-Erkkilä 2010-2011 Hannu Erkkilä 2011-2012 Henri Joki-Erkkilä 2012-2014 Hannu Erkkilä 2014-2015 Henri Joki-Erkkilä 2015-2019 Antti Järvelä 2019-2023 Antti Erkinjuntti 2023-

Líderes históricos Ao longo da súa historia dous xogadores do RoKi superaron a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salienta a figura de Ilari Sainio, que con 18 tempadas no equipo de Rovaniemi é o líder en partidos xogados, puntos, asistencias e goles, ademais de ser o xogador que máis tempadas vestiu a camisola do equipo e o xogador máis penalizado. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo. Líderes históricos do RoKi Xogadora Pos  PX  G   A  Pts Ilari Sainio F 492 156 253 409 Vesa-Matti Inkeröinen F 276 136 227 363 Hannu Erkkilä F 188 124 114 238 Henri Joki-Erkkilä F 369 73 165 238 Olli-Matti Järvelä F 340 125 101 226

Números retirados O RoKi ten retirado tres números de xogadores ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses. A continuación todos os números retirados polo RoKi:

Números retirados do RoKi Número Nome Posición Traxectoria 6 Ilari Sainio F 1995-2013 8 Henri Joki-Erkkilä D 2008-20112011-20142015-20192020-2021 17 Jani Mikkola D 1995-2008

Adestradores A continuación todos os adestradores do RoKi dende o seu ascenso á Suomi-sarja:

Adestradores do RoKi Nome(s) Período Kyösti Ulkuniemi 1999-2000 Marko Sykkö 2000-2001 Ari Kokkonen 2001-2002 Jari Helle 2002-2004 Kai Suikkanen 2004-2006 Ari Kokkonen 2006-2007 Jouko Lukkarila 2007-2008 Ari Kokkonen 2008-2009 Miikka Rousu 2008-2009 a 2009-2010 Vesa Surenkin 2009-2010 Eero Vierola 2010-2011 Janne Väihkönen 2011-2012 Ari Kokkonen 2012-2013 Petteri Hirvonen 2013-2014 a 2016-2017 Juha Juujärvi 2016-2017 Petri Karjalainen 2017-2018 Santeri Immonen 2018-2020 Matias Lehtonen 2021-2023 Sakari Salmela 2023-

Equipo feminino

miniatura|Xogadoras do RoKi durante un partido fronte o Ilves en Tampere durante a tempada 2022-23 da Naisten Liiga. O RoKi conta cun equipo feminino que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, categoría á cal ascendeu na primavera de 2020. As mulleres do RoKi xogan tamén os seus partidos como locais no Lappi Areena, sendo un dos poucos equipos da Naisten Liiga que comparten estadio coa súa contraparte masculina.

O equipo participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona. Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior, ascenso que chegaría cinco anos despois.

Palmarés Trofeos colectivos Mestis 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2022, 2023

Suomi-sarja 2 medallas de ouro como campión da terceira categoría: 2011 e 2013 1 medalla de prata: 2009

Notas

Véxase tamén Outros artigos RoKi Naiset

Ligazóns externas Sitio web oficial

RoKi Categoría:Deporte en Rovaniemi