Willard Herman Scott, Jr., nado en Alexandria, Virxinia o 7 de marzo de 1934 e finado en Delaplane, Virxinia, o 4 de setembro de 2021, foi un actor, presentador, cómico e personalidade da radio estadounidense. Foi máis coñecido polo seu traballo en televisión en Today e como o creador e intérprete orixinal de Ronald McDonald.Willard Scott, The Joy of Living. New York: Coward, McCann & Geoghegan, 1982 ().

Traxectoria Medrou en Rosemont de Alexandria, Virginia, e asistiu a George Washington High School. Amosou interese na radiodifusión con só 16 anos de idade, traballou en 1950 para NBC page en WRC (AM), propiedade da canle de radio NBC en Washington, DC. Logo asistiu a American University, onde traballou xunto co seu compañeiro Ed Walker en WAMU-AM, a estación de radio da universidade (1951 - 1953). Scott converteuse nun membro de Alpha Sigma Phi e na American University graduouse cunha licenciatura en filosofía e relixión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Alexandria, Virxinia