Robert "King" Moody, nado no ano 1929 en Nova York e finado o 7 de febreiro de 2001 en Tarzana (California), foi un actor e cómico estadounidense. É coñecido por interpretar a Shtarker na serie de televisión Get Smart. Tamén interpretou Ronald McDonald na serie de anuncios de McDonald's dende 1969 ata 1985, e o capitán espacial en Teenagers From Outer Space. Ó longo da súa carreira participou en 40 filmes e series de televisión, como Bonanza, The Bob Newhart Show, CHiPs, Combat!, The Man From U.N.C.L.E., Dragnet e Sea Hunt.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Actores dos Estados Unidos de América