Bartolomea Capitanio, nada en Lovere o 13 de febreiro de 1807 e finada na mesma vila o 26 de xullo de 1833, foi unha relixiosa italiana, santa da Igrexa católica dende 1950 que celebra a súa festa o 26 de xullo.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia humilde, estudou coas clarisas da súa vila e en 1822 obtivo o título de profesora e comezou a dar clase na escola local, pero dous anos despois abre unha escola na súa casa para os nenos pobres e traballou tamén no hospital local. O 21 de novembro de 1832 fundou con Vicenza Gerosa a Congregación de María Meniña, actualmente denominada Irmáns da Caridade das santas Bartolomea Capitanio e Vincenza Gerosa, pouco despois morría de tuberculose.
Categoría:Monxes católicos Categoría:Nados en 1807
Categoría:Nados na provincia de Bérgamo
Categoría:Finados en 1833