O Gran Premio de Francia de 1959 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 5 de xullo de 1959. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi o 37º Gran Premio de Francia e o duodécimo que se celebrou no circuíto de estrada de Reims-Gueux e o cuarto, que se celebrou no trazado máis rápido de 8´348 km.. A carreira clebrouse sobre 50 voltas ao circuíto de máis de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 417 quilómetros.
Informe
A carreira foi gañada polo piloto británico Tony Brooks pilotando un Ferrari Dino 246. Brooks dominou a carreira, liderando as 50 voltas e gañou por 27 segundos sobre o seu compañeiro na Scuderia Ferrari, o americano Phil Hill. Brooks dixo logo da carreira que quedaralle o acelerador agarrotado nas últimas voltas, o fixo máis difícil o resultado do que parecía. O piloto australiano Jack Brabham quedou a máis dun minuto, na terceira posición, pilotanod un Cooper T51 para o equipo de fábrica de Cooper.
O día da carreira ía moita calor, ata o punto que o betume do asfalto comezou a fundirse. Os coches de carreiras lanzaban as pedras do asfalto, que foron a causa da retirada do americano Masten Gregory con cortes na cara, e de Graham Hill co seu Lotus 16 logo de que o seu radiador resultara furado.
Stirling Moss foi descualificado da oitava posición por recibir un empuxón para arrancar o seu BRM P25. Moss apertara duro tratando de superar un defecto na caixa de cambios, logrando unha nova marca de volta. Jean Behra tamén farzara o seu Ferrari 246, subindo ao terceiro posto logo de aiantar a non menos de catro compañeiros de equipo nesta carreira. O motor de Behra rompeu debido ao esforzo e o francés tivo unha acalorada discusión co director do equipo Romolo Tavoni, que terminou con Behra a puñadas con Tavoni. Sería a última carreira de Behra con Ferrari, co francés despedido polo ataque.
A vitoria foi a primeira da tempada para a Scuderia Ferrari e colocou a Brooks en segundo lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Brabham. A segunda posición de Hill situouno terceiro no campionato.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 24 Tony Brooks Ferrari 50 2:01:26.5 1 8 2 26 Phil Hill Ferrari 50 + 27´5 3 6 3 8 Jack Brabham Cooper-Climax 50 + 1:37.7 2 4 4 22 Olivier Gendebien Ferrari 50 + 1:47.5 11 3 5 12 Bruce McLaren Cooper-Climax 50 + 1:47.7 10 2 6 44 Ron Flockhart BRM 50 + 2:05.7 13 7 6 Harry Schell BRM 47 + 3 voltas 9 8 40 Giorgio Scarlatti Maserati 41 + 9 voltas 21 9 42 Carel Godin de Beaufort Maserati 40 + 10 voltas 20 10 38 Fritz d'Orey Maserati 40 + 10 voltas 18 11 14 Maurice Trintignant Cooper-Climax 36 + 14 voltas 8 Ret 30 Jean Behra Ferrari 31 Motor 5 Ret 16 Roy Salvadori Cooper-Maserati 20 Motor 16 Ret 28 Dan Gurney Ferrari 19 Radiador 12 Ret 34 Innes Ireland Lotus-Climax 14 Roda 15 Ret 18 Ian Burgess Cooper-Maserati 13 Motor 19 Ret 10 Masten Gregory Cooper-Climax 8 Problemas físicos 7 Ret 32 Graham Hill Lotus-Climax 7 Radiador 14 Ret 20 Colin Davis Cooper-Maserati 7 Fuga aceite 17 Ret 4 Jo Bonnier BRM 6 Motor 6 DSC 2 Stirling Moss BRM 42 Descalificado 4 1 NTS 36 Asdrúbal Fontes Maserati
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 19 10px 2 2 Tony Brooks 14 10px 6 3 Phil Hill 9 10px 2 4 Joakim Bonnier 8 10px 2 5 Rodger Ward 8
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Cooper-Climax18 10px 1 2 Ferrari16 10px 1 3 BRM8 10px 4 Lotus-Climax3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1959 Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1