Antonio Blanco Freijeiro, nado en Marín o 6 de setembro de 1923 e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1991, foi un arqueólogo e numismático galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Blanco Porto. Estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e despois en Madrid, onde tamén se licenciou en filoloxía clásica. Especializouse en arqueoloxía clásica con Antonio García Bellido, e completou a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e foi catedrático de arqueoloxía, epigrafía e numismática na Universidade de Sevilla e de arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Xaén). Colaborou na prensa especializada e en Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi membro da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis de León de Linguas Xermánicas pola súa tradución de Historia de la Edad de Piedra (1982), de H. Müller-Karpe. Logo de padecer algúns problemas cardíacos, finou repentinamente na madrugada do 6 de xaneiro de 1991,"Antonio Blanco Freijeiro, catedrático de Arqueología y académico" (necrolóxica en El País, 8-1-1991). sendo soterrado no panteón familiar de Marín.
Obras
Arte griego, 1957.
Musa Alemá, 1961 (con Celso Emilio Ferreiro).
Excavaciones en el Cerro Salomón, 1970. Cerámica ibérica de Andalucia y Levante, 1976, Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de Sargadelos 14. Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos, 1984.
Vida persoal Casou con Pilar López-Brea Osorio e foi pai de Mercedes Blanco López-Brea de Morel. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Juan Manuel Abascal Antonio Blanco Freijeiro. Bibliografía completa El Anaquel de Spantamicus. "Los guerreros de Riace", artigo de A. Blanco en Revista de Arqueología.
Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Numismáticos de Galicia Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Científicos do CSIC Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes