JaVale Lindy McGee, nado en Flint (Míchigan) o 19 de xaneiro de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto que actualmente xoga para os Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). No Draft da NBA do 2008 foi seleccionado no posto 18 da primeira rolda polos Washington Wizards.

Traxectoria Instituto e universidade McGee asistiu a dúas escolas universitarias en Míchigan: Detroit Country Day e Providence Christian, antes de ser trasladado á Hales Franciscan High School en Chicago.Nevada lands recruit McGee, son of former WNBA star O adestrador da Universidade Hales Franciscan de Nevada, Gary London, dicía que a posición natural ideal de McGee na Universidade foi ala, e que incluso podería chegar a xogar nesa posición. Despois da súa campaña como sophomore, ou "estudante de segundo ano", na cal realizou un total de 14,3 puntos e 7,3 rebotes, un 53% en tiros de campo e un 33% en tiros de tres, McGee decidiu presentarse ao Draft do 2008.'Big Secret' out at Nevada; McGee declares for draft

Profesional Despois de ser seleccionado no Draft do 2008 polos Wizards, asinou un contrato co equipo de Washington o 9 de xullo nese mesmo ano de 2,4 millóns de dólares estadounidenses por dous anos.Rookie McGee signs contract with Wizards O 9 de xaneiro de 2010, os Wizards multaron a McGee con 10.000 dólares estadounidenses por participar nas tolerías de Gilbert Arenas antes dun partido o 5 de xaneiro de 2012 contra os Philadelphia 76ers; sucedeu no vestiario dos Wizards, cando Arenas xogaba a apuntar cos dedos aos seus compañeiros coma se estes foran armas. Os implicados foron fotografados sorrindo e rindo xunto con Arenas.The Washington Wizards have fined four players for participating in Arenas' antics

O 6 de xaneiro de 2011, McGee foi seleccionado para participar no concurso de mates ou Slam Dunk Contest, sendo o primeiro Wizard en participar no concurso.Griffin, Ibaka, Jennings and McGee set for Sprite Slam Dunk Quedou en segundo lugar, por debaixo de Blake Griffin. JaVale foi o primeiro xogador en conseguir aparecer no Libro Guinness dos Récords grazas ao mate que fixo con tres balóns nunha mesma canastra. O terceiro balón foi pasado polo seu excompañeiro de equipo John Wall.

O 15 de marzo de 2012, McGee foi traspasado xunto a Ronny Turiaf ós Denver Nuggets nun acordo que mandou a Nenê ós Wizards.

O 19 de febreiro de 2015, McGee foi traspasado xunto ós dereitos de Chukwudiebere Maduabum e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos de Cenk Akyol. Tras xogar en seis partidos con Philadelphia, foi cortado o 1 de marzo de 2015.Sixers Waive JaVale McGee

O 13 de agosto de 2015, McGee asinou cos Dallas Mavericks. Tras perderse os primeiros 13 partidos da tempada debido a unha lesión, debutou cos Mavs o 22 de novembro de 2015 contra os Oklahoma City Thunder. O 8 de xullo de 2016, McGee foi cortado polos Mavericks.

O 16 de setembro de 2016, McGee asinou cos Golden State Warriors, cos que conseguiu o seu primeiro campionato da NBA, despois da vitoria por 4-1 nas Finais da NBA contra os Cleveland Cavaliers. O 1 de agosto de 2017, McGee renovou o seu contrato cos Warriors unha tempada máis. En xuño de 2018, gañou a NBA por segunda vez consecutiva despois de que Golden State gañase por 4-0 ós Cavaliers. McGee xogou de titular nos tres últimos partidos das Finais, acadando 8.0 puntos por encontro en toda a serie.

O 10 de xullo de 2018, McGee asinou cos Los Angeles Lakers. Cos Lakers conseguiu o seu terceiro campionato da NBA na tempada 2019-20, despois da vitoria por 4-2 nas Finais fronte os Miami Heat.

O 23 de novembro de 2020, McGee foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Alfonzo McKinnie e Jordan Bell.

O 25 de marzo de 2021, McGee foi traspasado ós Denver Nuggets a cambio de Isaiah Hartenstein e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

O 16 de agosto de 2021, McGee asinou cos Phoenix Suns.

O 9 de xullo de 2022, McGee asinou cos Dallas Mavericks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Genesee, Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020