Jaime Quiroga Pardo Bazán, nado na Coruña"Padrón de vecinos del Ayuntamiento de La Coruña para el año 1882. Barrio 1º" (AHMC, fol. 43r). o 21 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 11 de agosto de 1936, foi un nobre, militar, escritor e político galego.
Traxectoria Fillo primoxénito de José Quiroga Pérez de Deza e Emilia Pardo Bazán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Voluntario na guerra de Melilla (1909), chegou a tenente de Cabalería. En 1932 estivo envolto na Sanjurjada e pasou quince días na cadea.
Durante a guerra civil española, Jaime Quiroga Pardo Bazán e o seu fillo Jaime Quiroga y Esteban Collantes, de 19 anos, foron detidos na súa casa, conducidos ámbolos dous a unha checa de Madrid e fusilados.
Vida persoal En maio de 1916 casou con Manuela Esteban Collantes, filla de Saturnino Esteban Collantes. Tiveron un fillo, Jaime.
Conde de Torre de Cela, foi propietario do pazo de Meirás.
Obras miniatura|Fotografado por Goñi no verán de 1909 en Melilla (Actualidades, 1 de setembro de 1909). Notas de un viaje por la Italia del norte: Niza, Mónaco, Monte-Carlo, Génova, Milán, Pavía, el Lago Mayor y Venecia, 1902. Aventuras de un francés, un alemán y un inglés en el siglo XXIX, 1902? Las alas del cisne, 1922. Con cuberta ilustrada por Máximo Ramos.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Pazo de Meirás Condado de Pardo Bazán Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Asasinados polo bando republicano
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados