Goree Carter, nado en Houston (Texas) o 31 de decembro de 1930 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1990, foi un cantante de rhythm and blues e guitarrista de rock and roll estadounidense. Foi sobre todo coñecido polo seu sinxelo de 1949 "Rock Awhile", que está considerado un dos principais candidatos a ser a primeira gravación de rock and roll, e que ten un estilo de guitarra eléctrica saturada semellante ao que usou Chuck Berry varios anos despois.

Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Texas Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1990