Luminița Anghel, nada en Bucarest o 7 de outubro de 1968, é unha cantante e presentadora romanesa.
Traxectoria Con oito anos comezou o seu interese pola música, graduándose máis tarde na Escola de Arte Popular, onde tomou leccións na especialización en música lixeira.
En 2003 conseguiu o primeiro posto no festival Mamaia de Romanía. Nas edicións dos anos 1995 e 1996 quedaría no terceiro posto. Nese mesmo ano no festival Voice of Asia celebrado en Kazakhstán acadou o premio á mellor cantante internacional.
Eurovisión No ano 2005, Luminița participou no festival de Eurovisión celebrado en Kíiv, Ucraína coa canción "Let Me Try" ("Déixame intentalo") onde quedou primeira na súa semifinal e terceira na gran final cunha puntuación de 235 puntos.
No ano 2010, xunto a Tony Tomas e Adrian Piper intentou volver a Eurovisión presentando a canción "Save Their Lives" ("Salva as súas vidas").
Categoría:Músicos de Romanía Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Bucarest Categoría:Representantes da Romanía en Eurovisión