miniatura|220px|Escultura dun olláparo no paseo da praia de Barraña, Boiro. O olláparo ou alláparo é un ser mitolóxico galego. É unha especie de xigante que ten un único ollo no medio e medio da fronte; ás veces o olláparo ten dous ollos, un no medio da fronte e o outro na caluga.
Trátase de seres brutais, feroces, salvaxes pero un pouco parvos; tamén son moi voraces, de hábitos antropófagos. Viven nas cavernas dos bosques e montes, especialmente nas montañas de Lugo e Ourense. Leite de Vasconcelos descríbeos tamén no norte de Portugal, na rexión de Tras os Montes, pero con tres ollos: dous na cara, como nos humanos normais, e un terceiro na parte posterior da cabeza, baixo o nome de olharapos.
Existen olláparos e olláparas, as súas mulleres, que son aínda peores ca eles.Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).
Aseméllanse aos ciclopes gregos clásicos, ou aos Fomoré da mitoloxía irlandesa (que tamén teñen dous ollos situados do mesmo xeito que os olláparos galegos), sendo o máis famoso Balar. O ollo que Balar tiña na caluga era terrible, pois podía provocar mal de ollo, polo que pode compararse coa mirada letal de Medusa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mitoloxía galega Ciclope Fomoré Ollapín
Bibliografía
VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Ed. Galaxia, Vigo 2011.
Categoría:Mitoloxía galega