thumb|250px|Unidades morfoestruturais de Cataluña:

A Cordilleira Litoral (en catalán: Serralada Litoral) é unha cordilleira localizada en Cataluña (España), que conforma a vertente litoral das Cordilleiras Costeiras Catalás.

Divisións Sitúase en paralelo á costa, entre o río Foix e o golfo de Roses. De norte a sur, comprende as serras e macizos de: Macizo do Montgrí Montañas de Begur Macizo de les Gavarres Macizo de les Cadiretes Serra do Montnegre Serra do Corredor Serra de Sant Mateu Serra da Marina Serra de Collserola Montaña de Montjuïc Macizo do Garraf Macizo do Montsià

Nesta cordilleira nacen numerosas rieras, que ven como as súas canles aumentan enormemente cando chove.

O seu punto máis alto atópase na Serra do Montnegre, na cima do Turó Gros (773 metros).

Ten diversos espazos naturais protexidos, como o Parque Natural do Montnegre e o Corredor, o Parque Natural de Collserola e o Parque Natural do Garraf.

thumb|center|800px|Montaxe panorámica de parte do macizo rochoso do Garraf, pertencente ao Parc Natural do Garraf.

Véxase tamén Cordilleira Prelitoral

Categoría:Cordilleiras Costeiras Catalás