O IES Dionisio Gamallo Fierros foi un centro educativo de Secundaria de Ribadeo. No ano 2012, foi unificado co IES Porta da Auga, constituíndo o IES de Ribadeo.
Características O instituto comezou a funcionar en 1955 pero o edificio inaugurouse en 1958 e foi o primeiro Instituto de Bacharelato da comarca, co nome de Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel. A denominación de "Instituto Laboral" debíase a que nel se realizaban prácticas dos diferentes oficios e profesións. A finais do século XX, pasa a ser chamado IES nº 1 de Ribadeo, e posteriormente, xa no ano 2000, recibe o nome de IES Dionisio Gamallo Fierros, quen fora o seu primeiro director, e era un especialista na literatura do século XIX.
No centro impartíronse clases de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, así como dalgunha rama de Formación Profesional. Gañou algún premio de deseño de páxinas web educativas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do instituto Decreto de extinción
Dionisio Categoría:Ribadeo