A meteoroloxía (do grego μετέωρο, meteoro, "partículas en suspensión no alto do ceo" e λόγος, logos, "coñecemento, discurso") é unha ciencia de tipo interdisciplinar que parte da física, da química e da matemática para estudar o clima e os fenómenos atmosféricos, tales como as nubes, as depresións e as precipitacións, para comprender como se forman e evolucionan.
A meteoroloxía é unha disciplina que utiliza principalmente a mecánica dos fluídos, aplicada ó aire, pero tamén outras ramas da física, así como da química e a matemática.
O día 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial, para conmemorar a entrada en vixencia, en 1950, da Organización Meteorolóxica Mundial ..
Aplicación e utilidade A meteoroloxía moderna permite establecer as previsións da evolución do tempo apoiándose en modelos matemáticos a curto e a longo prazo. Tamén se utiliza para predicir a calidade do aire (polución, cantidade do pole no aire...), os cambios climáticos e para o estudo para outras actividades humanas: riscos naturais, construción, tráfico aéreo, navegación etc.
Fenómenos meteorolóxicos Os fenómenos meteorolóxicos (meteoros) están condicionados polas circunstancias atmosféricas e dependen da temperatura, a presión atmosférica e o vapor de auga, que interaccionan e mudan co paso do tempo.
Aparellos usados en meteoroloxía Anemómetro Barómetro Cataventos Higrómetro Termómetrominiatura|Estación meteorolóxica no IES García Barros da Estrada.|centro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Clima Atmosfera terrestre