O Tío Pepe foi un quincenario editado na Fonsagrada en 1913.
Historia e características Tiña como lema "Redención. Xusticia. Progreso. Unión. Guerra ós caciques. ¡Arriba gallegos, viv'a raza!" e apareceu o 31 de xaneiro de 1913. Dirixido probablemente por Armando Peñamaría Álvarez, de ideoloxía agrarista e integramente en galego, incluíu artigos sobre temas xerais, políticos e literarios e novas de carácter local. No seu primeiro número, no artigo "Presentación" afirmaba:
Publicou poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Antonio Noriega Varela, Valentín Lamas Carvajal e Alberto Camino, relatos costumistas e populares e disertacións sobre a lingua galega e os seus problemas. Entre os seus colaboradores estaban Xan Lanas, pseudónimo do veterinario cotobadés, fincado na Fonsagrada, Constantino Fraguas e Aureliano Pereira. Cesou co número 20 o 26 de novembro de 1913.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas O Tío Pepe. Número 1
Categoría:Prensa escrita da Fonsagrada Categoría:1913 en Galicia Categoría:Prensa agraria