Do libro impreso á Internet é un ensaio de Isabel Soto, editado en 2005 pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia na colección Andel.
Amais dun proemio a cargo da daquela conselleira Ánxela Bugallo, consta dunha introdución e de catro bloques con diversos epígrafes en cada un deles. Estes bloques son: Os primeiros pasos da imprenta, A evolución da técnica, O libro en Galicia e O libro no mundo das novas tecnoloxías. Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro no sitio web da AELG.
Categoría:Ensaio Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2005