César Rodríguez Álvarez, nado en León o 29 de xuño de 1920 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 1995, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Barcelona, club do que foi o máximo goleador histórico durante máis de medio século, ata que os seus 232 goles foron superados en 2012 por Leo Messi.

Era irmán do tamén futbolista Ricardo Rodríguez Álvarez.

Traxectoria Como xogador Formouse no Frente de Juventudes de León e no ano 1939 fichou polo FC Barcelona pero este cederíao a mediados da primeira tempada ao CE Sabadell e os dous anos seguintes o Granada CF xa que tiña que cumprir o servizo militar en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de Segunda División e a xogar en Primeira.

Unha vez de volta en Barcelona fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou trece títulos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo, Copas Eva Duarte e Copas Latinas. Tamén se proclamou Pichichi co club catalán na tempada 1948/49.

Deixou o Barcelona no ano 1955 e tras xogar na Cultural Leonesa e no Perpignan retirouse xogando no Elche CF, sendo na última tempada xogador-adestrador, e subindo ao equipo dende a Terceira División a Primeira en só tres anos e proclamándose campión de Terceira e Segunda División.

Coa Selección de fútbol de España disputou un total de 13 encontros entre os anos 1945 e 1952, marcando seis goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

As súas cifras anotadoras levárono a ser o máximo goleador do FC Barcelona en encontros oficiais ata o 20 de marzo de 2012 cando o superou o arxentino Lionel Messi.

Como adestrador Tras o grande éxito co Elche CF a quen deixou en Primeira División fichou polo Real Zaragoza para aos tres anos dirixir ao FC Barcelona. De aí pasaría ao RCD Mallorca en 1965 con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo Celta de Vigo. En Vigo supliría a Rafael Yunta que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituído por Pepe Villar.

En 1967 ficha polo Real Betis Balompié pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano.

En Segunda División pasou por Mallorca e Hércules CF antes de retirarse no UE Sant Andreu.

Palmarés Como xogador Barcelona Primeira División (5): 1944/45, 1947/48, 1948/49, 1951/52, 1952/53. Copa do Xeneralísimo (3): 1951, 1952, 1953. Copa Eva Duarte (3): 1948, 1952, 1953. Copa Latina (2): 1949, 1952.

Granada Segunda División (1): 1940/41.

Elche Segunda División (1): 1958/59. Terceira División (1): 1957/58.

Individual Trofeo Pichichi (1): 1948/49

Como adestrador Hércules Terceira División (1): 1969/70.

Notas

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en León Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950 Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Elche CF Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do RCD Mallorca Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do UE Sant Andreu Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi