Luis Suárez-Llanos Menacho, nado en Vigo en novembro de 1906 e finado na mesma cidade o 24 de maio de 1959Necrolóxica en ABC, foi un político galego que foi alcalde de Vigo en dúas ocasións. Sentou as bases para o desenvolvemento da cidade e está considerado o impulsor do chamado "milagre de Vigo".
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Vigo o 31 de xaneiro de 1938, permanecendo no cargo até setembro de 1939. Volveu ser nomeado alcalde o 24 de xuño de 1940 e cesou en 1949. Foi presidente da Deputación de Pontevedra do 20 de febreiro de 1958 ata a súa morte. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1958-1959).
A súa clara visión do futuro da cidade levouno a emprender proxectos a grande escala. Entre eles, a renovación e pavimentación das arterias máis importantes, desde a Avenida García Barbón ata as Traviesas, incluíndo Policarpo Sanz e Porta do Sol, co cambio de rasante, Calvo Sotelo (Elduayen), o Paseo de Alfonso XII, General Aranda (Pi y Margall) e López Mora. miniatura|Rúa adicada en Bouzas (Vigo). Durante o seu mandato, Suárez Llanos creou un dos recursos forestais máis interesantes e valiosos de Vigo. No ámbito cultural, concibiu un plan educativo integral, unha parte significativa do cal se levou a cabo coa construción do Instituto Santa Irene, a ampliación da Escola de Comercio, a Escola Laboral, a creación de cursos universitarios de verán, a concesión de bolsas a artistas e a protección de importantes proxectos benéficos sociais como a Clínica-Fogar San Rafael, a Escola-Fogar da Caixa de Aforros en San Roque, a Casa de Beneficencia e o hospital.
No ano 2011, inaugurouse oficialmente en Bouzas á Alameda Suárez-Llanos, en recoñecemento ao traballo que o alcalde realizou para mellorar as relacións entre a vila de Bouzas e a cidade de Vigo, que posteriormente levou á súa anexión.
Vida persoal Era fillo do avogado Luis Suárez-Llanos Álvarez de Anaya e de María Del Rosario Menacho Miranda. O seu irmán foi José Antonio Suárez-Llanos Menacho, pintor e a súa irmá Rosario Suárez-Llanos, gastrónoma.
Estivo casado con María de las Mercedes Gómez Orellana, filla do empresario dos almacéns "La vila de París", Aniceto Gómez del Fraile, e de Mercedes Orellana Gutierrez.
Tiveron seis fillos: o catedrático de Dereito Mercantil e académico Luis Suárez-Llanos Gómez, a viguesa María de las Mercedes Suárez-Llanos Gómez, o enxeñeiro naval Juan Ignacio Suárez-Llanos Gómez, casado coa filla menor do director da Escola de Enxeñeiros Navais; Gonzalo, Isabel e María Jesús Suárez-Llanos Gómez que casou co conde Vicente Cebrián- Sagarriga. O seu fillo é o actual Marqués de Murrieta y Pazo Barrantes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1959