Final Fantasy: The Spirits Within é un filme de animación nipón-estadounidense dirixido por Hironobu Sakaguchi e Moto Sakakibara que se estreou no 2001. Filme baseado na saga de videoxogos xaponesa creada por Hironobu Sakaguchi Final Fantasy.

Sinopse No ano 2065, trala chegada dun devastador meteorito, a Terra é invadida por uns alieníxenas de aparencia espectral. As cidades son arrasadas, xerando un estado de confusión e destrución en todo o planeta. Ante a imposibilidade de loitar contra estes seres, a escasa poboación terrestre decide atrincheirarse en cidades escudo mentres intentan buscar un xeito de sobrevivir. Pero o tempo esgótase.

Os habitantes do planeta debátense entre buscar novas formas de combater o ataque extraterrestre ou abandonar a Terra e aniquilala. Pero a doutora Aki Ross aférrase ós valores da condición humana confiando en que debe existir un futuro mellor para a Terra. Co obxectivo de entender e loitar directamente contra o inimigo, Aki decide infectarse cun virus alieníxena e así conseguir a clave que derrote a estes seres. A busca de Aki non será doada xa que o tempo non corre ó seu favor e conta coa oposición do Xeneral Hein que está decidido a esnaquizar ós aliens cunha arma mortífera que podería mesmo destruír a totalidade do planeta.

Mais a doutora Ross non está soa; dispón da axuda do eminente Doutor Sid e o escuadrón Deep Eyes, liderado por Gray Edwards. Todos xuntos intentarán salvar a Terra, mentres os plans do Xeneral Hein avanzan inexorablemente.

Personaxes Ming-Na como Aki Ross Alec Baldwin como Gray Edwards Ving Rhames como Ryan Steve Buscemi como Neil Peri Gilpin como Jane Donald Sutherland como Doutor Sid James Woods como Xeneral Hein Keith David como Membro do consello #1 Jean Simmons como Membro do consello #2 Matt McKenzie como Maior Elliot

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2065