Fantastic Four é un filme estadounidense dirixido por Tim Story que se estreou no 2005. Baséase na serie de banda deseñada Fantastic Four de Stan Lee e Jack Kirby.
Sinopse Catro astronautas convértense en súper heroes tras ser contaminados no espazo exterior. Todo comeza cando o soño longamente acariciado do inventor, astronauta e científico Dr. Reed Richards (Ioan Gruffudd) está moi próximo a facerse realidade. Reed quere ir nunha viaxe ó espazo exterior, ó centro dunha tormenta cósmica. Alí, espera conseguir desvelar os segredos dos códigos xenéticos dos seres humanos en beneficio da humanidade. A tripulación de Reed está formada polo seu mellor amigo, o astronauta Ben Grimm (Michael Chiklis); por Sue Storm (Jessica Alba), directora de investigación xenética e antiga moza de Reed; e polo impulsivo irmán máis novo de Sue, o piloto Johnny Storm (Chris Evans). En compaña do benfeitor do proxecto, o ambicioso Von Doom (Julian McMahon), os catro parten para a exploración das súas vidas. A misión discorre sen incidentes ata que Reed descobre que hai un erro de cálculo na velocidade coa que se achega a tormenta. A estación espacial vese engulida por nubes de radiación cósmica que cambian o xenoma da tripulación. De regreso á Terra, os efectos da exposición amosan axiña os seus primeiros síntomas brindando a cada un deles poderes sobrenaturais, converténdose nos Catro Fantásticos.
Personaxes Ioan Gruffudd como Dr. Reed Richards / Mr. Fantastic Jessica Alba como Susan Storm / Invisible Woman Chris Evans como Johnny Storm / Human Torch Michael Chiklis como Ben Grimm / The Thing Julian McMahon como Victor Von Doom / Doctor Doom Hamish Linklater como Leonard Kerry Washington como Alicia Masters Laurie Holden como Debbie McIlvane Kevin McNulty como Jimmy O'Hoolihan Maria Menounos como Enfermeira Michael Kopsa como Ned Cecil Stan Lee como Willie Lumpkin
Galardóns e nomeamentos 2005: Premios Razzie: nomeada a peor actriz (Jessica Alba).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes baseados en Marvel Comics Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes ambientados en Nova York