right|300px|miniatura|A liña lateral nun tiburón.
A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles).Coombs, S.; Braun, C. B., & Donovan, B. (2001): "The orienting response of Lake Michigan mottled sculpin is mediated by canal neuromasts". Journal of Experimental Biology, 204 (2): 337-348.
As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola.
Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
Por outra parte, a maioría das larvas e algúns adultos de anfibios que permanecen continuamente na auga tamén posúen este órgano, mentres que algúns crustáceos e cefalópodos teñen órganos similares.
Galería de imáxes
Notas
Referencias bibliográficas Popper, A. N. e C. Platt (1993): "Inner ear and lateral line of bony fishes" in David H. Evans (ed.) The Physiology of Fishes 1ª ed. CRC Press ISBN 978-0-8493-8042-6. Schellart, Nico A. M. e René J. Wubbels (1998): "The Auditory and Mechanosensory Lateral Line System" in David H. Evans (ed.) The Physiology of Fishes, 2ª ed. CRC Press. ISBN 978-0-8493-8427-1.
Categoría:Fisioloxía Categoría:Peixes