250px|miniatura|Palacio de Navarra, sede da Presidencia do Goberno de Navarra. O Goberno de Navarra ou Deputación Foral de Navarra (en castelán: Gobierno de Navarra; en éuscaro: Nafarroako Gobernua) é a institución de carácter executivo en que se organiza o autogoberno da Comunidade Foral de Navarra (España). Os seus poderes quedaron regulados no Amelloramento de 1982 no seu Capítulo III Art. do 23 ao 28.
A pesar da dobre denominación da institución, é a primeira a que se emprega actualmente, isto permite distinguila da antiga Deputación Provincial existente ata 1982 que tiña carácter de corporación local, mentres que esta ten carácter de órgano executivo.
O Amelloramento asígnalle a función executiva, regulamentaria e administrativa e a de velar especialmente pola defensa da integridade do réxime foral de Navarra, debendo dar conta ao Parlamento de Navarra de calquera contraforo que puidese producirse.
Así mesmo a figura do Presidente do Goberno de Navarra está establecido no Capítulo IV Art. 29 e 30, é elixido polo Parlamento de Navarra, designa e separa aos demais membros do Goberno e ostenta a máis alta representación da Comunidade Foral e a ordinaria do Estado en Navarra. Pode cesar se o Parlamento aproba unha moción de censura ou se lle denega a súa confianza.
Presidentes Desde as primeiras eleccións democráticas de 1979 houbo dous presidentes de UCD na Deputación Foral de Navarra. Posteriormente, o Goberno de Navarra tivo dous presidentes do PSN e tres de UPN. Actualmente a presidenta é de Geroa Bai.
Presidentes do Goberno de Navarra(da Deputación Foral de Navarra ata 1984)InicioFinPartidoJaime Ignacio del Burgo Tajadura19791980UCDJuan Manuel Arza Muñazuri19801984UCDJaime Ignacio del Burgo Tajadura19841984UCDGabriel Urralburu Tainta19841991PSN-PSOEJuan Cruz Alli Aranguren19911995UPNJavier Otano Cid19951996PSN-PSOEMiguel Sanz Sesma19962011UPNYolanda Barcina Angulo20112015UPNUxue Barkos Berruezo20152019Geroa BaiMaría Victoria Chivite Navascués2019No cargoPSN-PSOE
Departamentos
Este é o organigrama do Goberno de Navarra tras a elección da nova presidenta en agosto de 2019.«Estos son los consejeros del Gobierno paritario que presidirá María Chivite», Diario de Navarra, 3 de agosto de 2019.
Departamentos do Goberno de NavarraPresidenta do Goberno de Navarra: María Victoria Chivite NavascuésConselleríaTitularPartidoVicepresidencia Primeira Consellería de Presidencia, Igualdade, Función Pública e Interior Javier Remírez Apesteguía PSN-PSOEVicepresidencia Segunda Consellería de Ordenación do Territorio, Vivenda, Paisaxe e Proxectos Estratéxicos José María Aierdi Fernández de Barrena Geroa BaiConsellería de Cohesión Territorial Bernardo Ciriza PSN-PSOEConsellería de Economía e Facenda Elma Saiz Delgado PSN-PSOEConsellería de Desenvolvemento Económico e Empresarial Manuel Ayerdi Olaizola Geroa BaiConsellería de Políticas Migratorias e Xustiza Eduardo Santos Itoiz PodemosConsellería de Educación Carlos Gimeno PSN-PSOEConsellería de Universidade, Innovación e Transformación Dixital Juan Cruz Cigudosa PSN-PSOEConsellería de Saúde Santos Induráin Orduna PSN-PSOEConsellería de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente Itziar Gómez Geroa BaiConsellería de Relacións Cidadás Ana Ollo Hualde Geroa BaiConsellería de Cultura e Deporte Rebeca Esnaola PSN-PSOEConsellería de Dereitos Sociais Mari Carmen Maeztu Villafranca PSN-PSOE
Notas
Véxase tamén Parlamento de Navarra
Ligazóns externas Goberno de Navarra
Navarra Categoría:Política de Navarra