Krakatoa (ou Krakatau na lingua indonesia) é un arquipélago, antiga illa e caldeira volcánica situado en Indonesia no estreito de Sonda entre as grandes illas de Xava e Sumatra. A caldeira forma parte dun grupo de illas volcánicas chamado arquipélago de Krakatoa, que comprende catro illas: dúas das cales, Lang e Verlaten, son os restos que quedan dun edificio volcánico maior previo que foi destruído moito antes da soada erupción de 1883; outra illa, Rakata, é o que queda da illa máis grande destruída na erupción de 1883 (Krakatoa). A cuarta illa do arquipélago formouse na caldeira de 1883 no ano 1927 debido a novas erupcións e denomínase Anak Krakatau ou "Fillo do Krakatoa". Desde finais do século XX houbo novas actividades eruptivas alí, cun gran colapso que causou un importante tsunami en decembro de 2018. As últimas erupcións foron en 2020 e 2022.

Importancia histórica

As erupcións máis notables do Krakatoa na era Moderna culminaron nunha serie de erupcións masivas o 26–27 de agosto de 1883, que estiveron entre os eventos volcánicos máis violentos da historia.

Cun Índice de explosividade volcánica estimado de 6, a erupción de 1883 foi equivalente a 200 megatóns de TNT (840 PJ), aproximadamente 13 000 veces a potencia da bomba atómica lanzada na Segunda guerra mundial sobre Hiroshima (de 13 a 16 kt), e catro veces maior que a bomba Czar, o artefacto nuclear máis potente detonado ata agora, de 50 Mt, en probas realizadas na Unión Soviética en 1961.

A erupción de 1883 expulsou aproximadamente 25 km3 de rochas. A explosión cataclísmica púidose sentir a 3600 km de distancia en Alice Springs, Australia, e na illa de Rodrigues preto da illa de Mauricio, que está a 4780 km ao oeste.

Segundo os rexistros oficiais da colonia das Indias Orientais Holandesas, foron destruídas 165 vilas e cidades preto de Krakatoa, e 132 quedaron gravemente danadas. Morreron polo menos 36 417 persoas e moitos miles máis foron feridas, principalmente por culpa dos tsunamis que seguiron á explosión. A erupción destruíu dous terzos da antiga illa de Krakatoa.

As erupcións que tiveron lugar na área onde estivera a illa desaparecida desde 1927 construíron unha nova illa nese mesmo lugar, denominada Anak Krakatau (que en lingua indonesia significa "Fillo de Krakatoa"). As erupcións periódicas continuaron desde entón, con erupcións recentes en 2009, 2010, 2011, e 2012, e un colapso maior en 2018. A finais de 2011, esta illa tiña un raio de aproximadamente 2 km, e o seu punto máis alto chegaba a 324 m de altura sobre o nivel do mar, crecendo uns 5 m ao ano. En 2017, a altura de Anak Krakatau era xa duns 400 m; ao que seguiu un colapso en decembro de 2018, que reduciu a súa altura a 110 m.

Etimoloxía miniatura|350px|O estreito de Sonda Aínda que hai descricións antigas das illas do estreito de Sonda que mencionan que tiñan unha "montaña bicuda", as primeiras mencións utilizando o nome de Krakatoa no mundo occidental apareceron no mapa de 1611 de Lucas Janszoon Waghenaer, que lle daban á illa o nome de "Pulo Carcata" (pulo en lingua sundanesa significa "illa"). Atopáronse unhas dúas ducias de variantes deste nome, como Crackatouw, Cracatoa, e Krakatao (nunha vella ortografía baseada no portugués). A primeira aparición da ortografía Krakatau debeuse a Wouter Schouten, que pasou pola "illa cuberta de altas árbores de Krakatau" en outubro de 1658.Winchester 2003, p. 27.

A orixe do nome indonesio Krakatau non está claro.Nota: As principais teorías son: Onomatopea, que imita o ruído feito polas cacatúas (Kakatoes) que adoitaban habitar a illa. Porén, Van den Berg sinala que estas aves só se atopan na "parte leste do arquipélago" (o que significa Sondas menores, leste de Xava, ao outro lado da liña de Wallace). Do sánscrito karka ou karkata ou karkataka, que significa 'lagosta' ou 'cangrexo' (Rakata tamén significa 'cangexo' na antiga lingua xavanesa). Isto considérase a orixe máis probable. A palabra malaia máis próxima é kelakatu, que significa "formiga de ás brancas". Furneaux sinala que en mapas de antes de 1883, Krakatoa lembraba unha formiga vista desde arriba, coas illas Lang e Verlaten situadas na parte lateral como se fosen ás. Van den Berg (1884) cita a historia de que Krakatau foi o resultado dun erro lingüístico. Segundo a lenda, unha capitán dun barco que visitou a illa preguntou a un habitante local cal era o nome da illa, e este respondeu "Kaga tau" (Aku enggak tahu), unha frase da xiria de Iacarta/Betawin que significa 'Non sei'. Esta historia desbótase en xeral; lembra moito outros mitos lingüísticos sobre as orixes da palabras como canguro ou o nome da península do Iucatán.

O Programa de vulcanismo mundial da Institución Smithsoniana cita o nome indonesio Krakatau como o nome correcto, pero di que Krakatoa é moi empregado.Nota: Esta ortografía foi atribuída a un subeditor de The Times (que puido ter tipografado cambiando o 'a' e o 'o' da ortografía portuguesa) interpretando o informe telegráfico sobre a erupción masiva de 1883.

Situación xeográfica Indonesia ten uns 130 volcáns activos, máis que ningunha outra nación. Constitúen o eixe do sistema de arco insular indonesio orixinado pola subdución en dirección nordés da placa indo-australiana. A maioría destes volcáns están situados nas dúas das illas máis grandes de Indonesia, Xava e Sumatra. Estas dúas illas están separadas polo estreito de Sonda, situado nunha curva do eixe do arco insular. Krakatoa está xusto sobre a zona de subdución entre a placa eurasiática e a indo-australiana, onde os límites de placa fan un brusco cambio de dirección, o que probablemente tivo como resultado a formación dunha codia especialmente débil nesa rexión, o que facilita a actividade volcánica.

Historia anterior a 1883 Nalgún momento da prehistoria ocorreu unha primeira erupción formadora da caldeira, deixando como restos as illas Verlaten (ou Sertung); Lang (ou Rakata Kecil, ou Panjang); Poolsche Hoed ("Sombreiro Polaco");Nota: aparentemente porque tiña a aparencia dun sombreio vista desde o mar e a base de Rakata. Posteriormente, polo menos formáronse dous conos volcánicos máis (Perboewatan e Danan), que finalmente quedaron unidos a Rakata, formando a illa principal de Krakatoa.Nota: A datación exacta destes eventos actualmente non se sabe. O estreito de Sonda foi mencionado por primeira vez polo mariñeiros árabes arredor do ano 1100. No momento da erupción de 1883, o grupo de Krakatoa comprendía as illas Lang, Verlaten e a propia Krakatoa, unha illa de 9 km de longo por 5 km de largo. Había tamén tres illotes cubertos de árbores preto de Lang e varios pequenos illotes rochosos ou bancos entre Krakatoa e Verlaten.

Na illa de Krakatoa había tres conos volcánicos: Rakata (de 820 m de altura) ao sur; Danan (de 450 m) preto do centro, e Perboewatan, (de 120 m) ao norte.

Relato do 416 d.C.

Hai un relato de crónicas no Libro dos Reis (Pararaton ou Pustaka Raja) xavanés que rexistra que no ano 338 da era Śaka (que corresponde ao 416 d.C.):

Porén, non hai probas xeolóxicas dunha erupción do Krakatoa dese colosal tamaño xusto arredor do ano sinalado polas crónicas; o relato pode describir a perda das terras que previamente unirían Xava con Sumatra e a formación do que hoxe é o estreito de Sonda que as separa; ou pode ser un erro na data, e que os acontecementos se refiran en realidade á erupción do 535 d.C., da cal hai algunhas evidencias históricas que a corroboran.

Suceso do 535 d.C.

David Keys, Ken Wohletz e outros postularon que unha violenta erupción volcánica, posiblemente do Krakatoa, ocorrida en 535 puido ser responsable dos cambios climáticos globais de 535–536. Keys explora no seu libro Catastrophe: An Investigation into the Origins of the Modern World o que cre que foron os efectos globais radicais de grande alcance dunha posible grande erupción no século VI. Esta erupción crese que foi máis potente que a de 1883 do propio Krakatoa, e tamén que creou a caldeira orixinal do Krakatoa da era Moderna, o que tivo como resltado a creación da illa Verlaten e da illa Lang. Porén, hai outras explicacións posibles para este cambio climático, como unha erupción no Ilopango no Salvador, en América Central.

Idade Media Thornton menciona que o Krakatoa era coñecido como "a montaña de lume" durante a dinastía Sailendra xavanesa, e hai rexistros de sete episodios eruptivos entre os séculos IX e XVI. Seis destas erupcións foron datadas provisionalmente nos anos 850, 950, 1050, 1150, 1320 e 1530.

Posible erupción en 1680

En febreiro de 1681, Johann Wilhelm Vogel, un enxeñeiro de minas holandés en Salida, Sumatra (preto de Padang), na súa viaxe a Batavia (hoxe Iacarta) pasou polo estreito de Sonda. No seu diario escribiu:

Vogel pasou varios meses en Batavia, e volveu a Sumatra en novembro de 1681. No mesmo barco estaban outros viaxeiros holandeses, como Elias Hesse, un escritor. O diario de Hesse informa:

Da erupción tamén informou un capitán de barco bengalí, que escribiu sobre o acontecemento posteriormente, pero que non o rexistrou no seu momento na bitácora do barco. Nin Vogel nin Hesse mencionan o Krakatoa en ningún detalle nas súas outras travesías, e ningún outro viaxeiro desa época menciona unha erupción ou a evidencia da mesma. (En novembro de 1681, os habitantes puxeron á venda unha colleita de pementa.)Nota: Os historiadores Van den Berg e Verbeek conclúen que Vogel debeu de esaxerar o tamaño da erupción que viu. Aínda así, debeu haber unha erupción nesa época. En 1880, Verbeek investigou un fluxo de lava aínda non alterado recente na costa norte de Perboewatan, que non debía ter máis de dous séculos de antigüidade.

Visita do barco HMS Discovery

miniatura|En 1780, membros da tripulación do HMS Discovery toparon que a illa era un lugar agradable con vexetación densa e vizosa. Ilustración de John Webber (1751–1793). miniatura|Gran palmeira na illa. Ilustración de John Webber (1751–1793). En febreiro de 1780, as tripulacións do e , na súa viaxe de regreso a Europa despois da morte do capitán James Cook en Hawai, pararon durante uns días en Krakatoa. Atoparon alí auga doce e unha fonte termal na illa. Describiron os nativos que vivían na illa como "amigables" e debuxaron varios esbozos (No seu diario, John Ledyard chamoulle á illa "Cocoterra").

Visita do buque USS Peacock

Edmund Roberts chamou á illa Crokatoa no seu diario. Segue un relato parafraseado: O 8 de setembro de 1832, o veleiro de guerra dos Estados Unidos Peacock levantou áncora do extremo norte, visitando tamén a ìlla Lang, buscando os seus habitantes, auga doce e iñames. Foi difícil desembarcar, debido á forte ondada e a que o coral se estendía a unha considerable distancia da costa. Fontes termais que brotaban furiosamente desde varias brazas de profundidade atopábanse no lado leste do Krakatoa, a 150 pés da costa. Roberts, o capitán Geisinger e o lugartenente da mariña Fowler visitaron a illa, ao confundiren o son das lagostas co son da auga corrente. O barco deslizábase sobre augas claras cristalinas, sobre un amplo e moi fermoso xardín submarino. Había corais de todas as formas e tons, algúns dos cales lembraban xirasoles e cogomelos, outros repolos de 1 a 36 polgadas de diámetro, mentres que o terceiro tipo tiña un sorprendente parecido cunha rosa. As ladeiras eran as típicas nos climas tropicais; grandes bandadas de papagaios, gran variedade de monos, bosquetes de mangueiras salvaxes e laranxeiras, un soberbio panorama de plantas e flores de todas as descricións, brillando en vivos tons de púrpura, vermello, azul, marrón e verde, pero non había auga ou provisións.

Actividade holandesa