María del Monte Tejado Algaba, nada en Sevilla o 26 de abril de 1962, é unha cantante española de sevillanas e de copla, así como presentadora de radio e televisión.
En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Traxectoria
Filla de Bibiana Algaba BarragánAvó Mª del Monte (1925) e de Antonio Tejado Vargas († 2005), é a menor de cinco irmáns, e a única muller. Tras gañar o concurso televisivo Gente joven, onde a final celebrouse en Ceuta, editou o seu primeiro disco. O segundo, titulado Cántame sevillanas converteuse en pouco tempo nun éxito, conseguiu 3 discos de platino, o seu tema máis popular foi Cántame, este tema que fala sobre o camiño cara a El Rocío fixo que empezase a ser popular en España, especialmente enmarcada dentro do chamado "Boom das sevillanas". Co paso do tempo e con varios discos conseguiu gañarse ao público e é chamada "Raíña das sevillanas" por un dos seus discos con ese nome.
Ademais da súa actividade artística como cantante de sevillanas e no mundo da copla, María del Monte é presentadora de programas en radio e televisión. En 1993-1994 presenta Vamos juntos de Canal Sur Radio. En 1995 pasa a ser presentadora en televisión, onde traballa para a terceira cadea no espazo semanal Quédate con la copla. Colaborou nos programas Gente joven de TVE en 1982, Los debates de Hermida en Antena 3 (2000), e en El Show de Flo en laSexta. En TVE presenta La canción de mi querer, Esa copla me suena (1998), Especial Feria de Abril. En 2000 ficha por Canal Sur Televisión e presenta Cántame (2000), Contigo (ata a tempada 2002), galas de verán e Nochebuena flamenca (2003), en 2004 presenta o Especial de Noiteboa, un ano máis tarde traballa para Forta en Shalakabula. Posteriormente presenta as galas de primavera, así como o especial 10 anos de Rocío e o programa especial Rocío Jurado, un ano despois, tamén participou no programa concurso de TVE ¡Mira quién baila! en 2005, e presenta o seu popular magazine diario en Canal Sur Televisión: La tarde con María.
En 2012 participa na segunda edición do exitoso programa de Antena 3 Tu cara me suena.
En 2022 tivo importancia para a normalización LGTBIQ+ a súa intervención no pregón no Orgullo Gay en Sevilla.
Televisión Gente joven (1982), en TVE. Quédate con la copla (1995) Esa copla me suena (1998), en TVE. Los debates de Hermida (2000), en Antena 3. El show de Flo (2000), en laSexta. La canción de mi querer (2000), en TVE. Cántame (2000), en Canal Sur. Contigo (2000-2002), en Canal Sur. Shalakabula (2005), en Canal Sur. La tarde con María (2007-2009), en Canal Sur. DEC (2011), en Antena 3, presentadora. Dia especial (último programa). Tu cara me suena (2012-2013), en Antena 3, concursante.
Radio Vamos juntos (1993-1994), en Canal Sur Radio.
Discografía Cántame sevillanas (1988) Besos de luna (1989) Acompañame (1989) Al Alba (1991) Ahora (1991) Con el Alma (1992) Reina de las sevillanas (1993) He Intentado Imaginar (1996) Cartas de Amor (1998) Digan lo que digan (1998) De Siempre: Antología de las Sevillanas volumen I (1999) El dolor del amor: Antología de las Sevillanas volumen II (2000) Con otro aire (2002) Cosas de la vida: Antología de las sevillanas Volumen III (2003) Olé, Olé (2004) Un Chaparrón (2005) Cómo te echo de menos'' (2011)
Notas
Categoría:Cantantes de España Categoría:Presentadores de televisión de Andalucía Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1962