Apurímac é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Abancay.
Áchase na serra sur do país, na vertente oriental da Cordilleira dos Andes. Esta rexión ten unha superficie de 20,9 mil km² e o seu territorio é un dos máis escarpados do Perú. É mollado de norte a sur por varios ríos a través de profundos canóns até a súa unión co río Apurímac nunha das profundidades maiores da rexión.
Orixe do nome O nome Apurímac provén do río homónimo que discorre polo seu límite oriental e setentrional. En quechua Apu Rimaq significa «o que fala cos señores [deuses]» ou «oráculo maior»."
Xeografía Apurímac está situado no sector sueste dos Andes centrais. Limita polo norte cos departamentos de Ayacucho e de Cuzco; polo sur con Arequipa; polo leste co departamento de Cuzco; e polo oeste co departamento de Ayacucho. A altitude media da rexión é de 2 900 msnm.
Clima Maiormente temperado, cunha temperatura media de 15 °C nos vales. Raramente neva.
Accidentes xeográficos Ríos: Apurímac, Santo Tomás, Chumbao, Pachachaca e Pampas Lagoas: Hiullita en Chuquibambilla, Pacucha en Andahuaylas, Uspaccocha e Ankascocha en Abancay Abras: Piste (a 4.800 msnm) en Aymaraes e Antabamba; Tunapita (a 4.350 msnm) en Aymaraes; Tablacruz (a 4.340 msnm) en Abancay. Pongos: Apurímac (a 1.500 msnm) en Abancay e La Convención. Nevados: Chancohuana Chico (5.331 msnm) e Tetón (5.300 msnm).
Provincias (capital) Abancay (Abancay) Andahuaylas (Andahuaylas) Antabamba (Antabamba) Aymaraes (Chalhuanca) Chincheros (Chincheros) Cotabambas (Tambobamba) Grau (Chuquibambilla) 222px|miniatura|left|Departamento de Apurímac.
Véxase tamén Outros artigos Subdivisións do Perú
Categoría:Departamentos do Perú