A carqueixa ou lavacuncas, Genista tridentata ou Chamaespartium tridentatum,carqueixa no Dicionario da RAG. é unha especie de planta fanerógama arbustiva da familia das fabáceas pertencente ao xénero Genista.

Con moito ramallo, rastreiro, de flores amarelas, e cunha especie de ás características que percorren o caule e que forman en cada nó tres pequenos dentes. Atribúenselle moitas propiedades medicinais en Galicia.

Cómpre non confundila coa chamada carqueixa boieira (Halimium lasianthum ou Halimium alyssoides).

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1753 por Linneo na páxina 710 da súa obra Species Plantarum.Genista tridentata en "Flora ascular" .

Sinónimos Coñeceuse tamén polos sinónimos:Genista tridentata L. no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021. Chamaespartium tridentatum (L.) P.E.Gibbs Cytisus tridentatus (L.) Vuk. Genista tridentata riphea (Pau & Font Quer) Greuter Genistella tridentata (L.) Samp. Pterospartum tridentatum (L.) K.Koch Pterospartum tridentatum (L.) Willk.

Subespecies Recoñécense as subespecies seguintes: Genista tridentata cantabrica (Spach) Nyman Genista tridentata lasiantha (Spach) Greuter Genista tridentata riphaea (Pau & Font Quer) Greuter Genista tridentata stenoptera (Spach) Greuter Genista tridentata tridentata L.

A subespecie típica da carqueixa, Genista tridentata tridentata, procede de Portugal, e foi recolleita xunto a Lisboa por Pehr Löfling, discípulo de Linneo, na súa viaxe de 1751. A raza máis espallada, que ten os caules fértiles largamente alados, denominouse Genista tridentata cantabrica (Spach) Nyman. E, finalmente, a carqueixa de flor pilosa tense denominado Genista tridentata lasiantha (Spach) Greuter.

Características Gamallo carente de follas que pode acadar o metro de altura, inerme. Talos con aspecto artellado con divisións que semellan cotobelos, percorridos por dúas ás onduladas, coriáceas e ásperas ao tacto e rematados nunha estrutura dentada con dous nervios ben marcados. Flores curtamente pediceladas, reunidas en cimas terminais subcorimbosas, mestas. Cáliz moi tomentoso, co labio inferior máis longo. Corola pubescente, de cor amarelo-alaranxado; estandarte máis ou menos tomentoso na súa face dorsal. Dez estames, soldados. Legume de 9–14 mm, oblonga, pilosa, o que lle dá un certo brillo, e comprimida lateralmente. Sementes con estrofíolo. É unha planta moi pirófita, que torna a agromar de xeito doado tras os lumes. Florece dende finais do inverno e ao longo da primavera.

Distribución e hábitat Áchase na metade occidental da Península Ibérica e norte de Marrocos. A súa área peninsular abrangue desde Asturias, Cantabria até Andalucía occidental, incluíndo Portugal ambas as dúas Castelas e mais Estremadura. En Galicia é común en todo o territorio, sendo máis frecuente nas zonas cun clima con influencia mediterránea. Forma parte das matogueiras xunta especies coma estevas, uces (uceiras), toxos ou queiroas, así coma de formacións degradadas de cerquiño (Quercus pyrenaica), sobreiras ou piñeiros, sobre solos silíceos e pobres dende o nivel do mar até os 1.700 msnm . Non atura ben a aridez. En Marrocos medra en zonas baixas do Rif central silíceo.

Etimoloxía O termo galego carqueixa, (antes carqueijaReal Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano; en portugués carqueja, en leonés carquexa, en asturiano carqueixa ), por carecer de follas propiamente ditas, e ter unhas formacións semellantes á folla dun carballo, podería vir, o mesmo que os termos galegos cerquiño e cerqueira, da voz latina Quercus (carballo).

Importancia económica e cultural Usos É unha planta recoñecida en Galicia e todo o noroeste peninsular por ser moi medicinal,http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=carqueixa&tipo_busca=lema tamén na provincia de Zamora e en León. Atribúeselle propiedades diuréticas, emolientes, así como contra a tose, a reuma, a artrose, dores de barriga, arrefriados, e a gota. Xa frei Martín Sarmiento, grande estudoso da botánica e da lingua galega, no século XVIII, loaba o valor desta planta no seu libro Disertación sobre las virtudes maravillosas y uso de la planta llamada carqueixa.

Sarmiento agradecía a Deus que criase a carqueixa (daquela grafada coma carqueija) nesta terra (Galicia). Recomendaba as fretas e baños da súa cocedura nas pernas e pés, os riles. Baixa o inchazo dos pés e pernas facendo pediluvios. Tamén dicía que era útil para fregar a louza e o chan; para prender o lume, chamuscar o porco etc.

Tamén se ten empregado en infusión. O recendo é grato e o sabor nada repugnante. Para beber cócese coma o té e bótaselle un chisco de azucre.

Sarmiento dicía que había unha variedade da planta, chamada carqueija boieira, que medra en lugares máis areentos e secos que a normal, a cal, despois de seca, usábase como combustíbel e tamén, por mor da aspereza das súas follas, como estropallo para limpar a louza: Vai fregar os galedos, barcais, barreños, orgidais, valdes, sellas e botejos: os pratos e cuncas de pau bidueiro fregar con carqueijas ou ben con codesosReal Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano.

Cando a carqueixa está tenra, as ovellas consómena. Tense usado noutrora para estrume, e leito do gando. Nalgunhas comarcas, na matanza, despois de chamuscar o porco con palla para tirarlle as sedas, rozábase a pel a eito coa carqueixa para limpala.

Información etnobotánica Trátase dun vexetal moi coñecido a nivel popular, con numerosos refráns como o leonés a seguir, alegórico da súa relación fenolóxica co preñazo da loba:

Carqueixa brotada, lloba preñada. Carqueixa florida, lloba parida.

Bouza Brey BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204. recolleu na ría de Arousa a seguinte cantiga: Eu pedínchello a unha nena/ debaixo dunha carqueixa,/ eu pedínchello, eu dóuchomo/ e dela non teño queixa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Greuter, W. et al. (Eds.) (1989) Med-Checklist Vol. 4 (published) Cristofolini, G. & Feoli, L. (1993) Personal Communication Domínguez, E. (1987) Pap. in Flora Vasc. de Andalucia Occ. Ketres, Barcelona Vicioso, C. (1953) Genisteas Espaniolas 1. Min. de Agric. Madrid No. 67 Heywood, V.H. & Ball, P.W. (1968) Leguminosae. In: Flora Europaea Vol. 2. ed. Tutin, T.G. et al. Maire, R. (Quezel, P., Ed.) (1987) Flore de l'Afrique du Nord, Vol. 16. Dicots. Leguminosae,

tridentata Categoría:Arbustos Categoría:Plantas medicinais Categoría:Arbustos de Galicia