miniatura|Escultura do Cireneo na Igrexa de San Isidoro de Sevilla, orixinal de Francisco Ruiz Gijón.
Simón de Cirene ou O Cirineo foi, segundo os evanxeos de Marcos, Mateu e Lucas, a persoa que lle axudou a Xesús a levar a súa cruz até o Gólgota, onde logo sería crucificado. Dise que foi obrigado a portar a cruz cando viña dos agros, e no evanxeo de Marcos faise referencia a el como "pai de Alexandre e de Rufo". Non hai ningún dato máis acerca del no Novo Testamento e non aparece no Evanxeo de Xoán.
A súa cidade de orixe, Cirene, estaba situada no norte de África. Segundo a tradición, seus fillos Rufo e Alexandre fixéronse misioneiros. O feito de que se mencionen os seus nomes suxire que puideron tratarse de personaxes relevantes no cristianismo primitivo.miniatura|Mosaico que representa a Xesús con Simón de Cirene, quen porta a cruz, na basílica de San Apolinario o Novo (Rávena).
Pasaxe bíblica +Comparación do narrado polos Evanxeos canónicosEvanxeo de Mateu (27, 32)Evanxeo de Marcos (15, 21)Evanxeo de Lucas (23, 26)O saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de XesúsPasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira —o pai de Alexandro e de Rufo— e obrigárono a cargar coa cruz.Cando o levaban, botaron man dun certo Simón de Cirene, que viña da leira, e cargáronlle a cruz, para que a levase detrás de Xesús. Suposto substituto de Xesús na cruz Nalgúnhas tradicións relixiosas, Xesús non foi o crucificado, senón que outra persoa sería quen morreu na cruz. Especialmente, esa persoa identifícase con Simón de Cirene, un apóstolo ou Xudas Iscariote.
Para os docetistas fora Simón de Cirene quen morrera na cruz e non Xesús, tese que foi recollida por Basílides e os gnósticos mais atacada por Ireneu de Lión no século II. Segundo algúns estudosos, como Dominique Cerbelaud, o Evanxeo de Xoán, o último en ser escrito, omite a mención a Simón de Cirene no seu relato da crucifixión de Xesús para deslexitimar as correntes que xa o identificaban como o verdadeiro crucificado.
Dado que o Corán afirma que Xesús non foi crucificado (sura 4, versículo 157), senón que tivo a aparencia de selo, moitos esexetas intentaron identificar quen foi o crucificado. Deste xeito, na primeira literatura islámica sinalouse a Simón de Cirene, aínda que gañou popularidade un suposto décimo terceiro apóstolo chamado Serxio, segundo defendeu Tabari; e, sobre todo, Xudas Iscariote, tese defendida por Muqātil ibn Sulaymān, xa no século VIII, que deviría na dominante na tradición islámica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Crucifixión de Xesús
Categoría:Personaxes do Novo Testamento Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade