miniatura|CGAC, Santiago de Compostela, 1988-93 miniatura|Fábrica Vitra, Weil am Rhein, 1991-94 miniatura|Facultade de Xornalismo da USC en Compostela, 1993

Álvaro Joaquim de Melo Siza Vieira, nado o 25 de xuño de 1933 en Matosinhos e coñecido como Álvaro Siza Vieira, é un arquitecto contemporáneo portugués.

Traxectoria Inicialmente quixo ser escultor, pero acabou matriculándose en arquitectura na Universidade do Porto para non contrariar ao seu pai, principalmente tras visitar Barcelona a finais da década de 1940 e ver as obras de Antoni Gaudí.

Foi profesor da Escola Superior de Belas Artes do Porto entre 1966 e 1969 e profesor adxunto de Construción na Facultade de Arquitectura da mesma cidade desde 1976, da cal deseñou a súa nova sede a finais dos anos oitenta. Tamén foi profesor visitante nas universidades de Lausana, Pensilvania, Bogotá e Harvard.

Gañou o Premio Pritzker no ano 1992. O seu poético modernismo debuxa sobre o contexto para iluminar os trazos universais. Xunto con Fernando Távora é un referente da chamada Escola de arquitectura do Porto. O traballos dos dous arquitectos inspíranse no lugar en que se asentan, tratando de atopar o que se bota de menos nel e mantendo sempre unha forte ligazón entre o edificio e a natureza, o novo e o vello, o sensorial e o racional.

Obras destacadas 1958, Restaurante da Boa Nova 1988, Schlesisches tor Housing en Berlín 1988, Banco Borges e Irmão, Vila do Conde (Portugal) 1988, Facultade de Arquitectura do Porto 1993, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Santiago de Compostela 1991 - 94, Fábrica Vitra, Weil am Rhein 1994, Casa Vieira de Castro 1998, Pavillón de Portugal para a Exposición Universal de Lisboa 2000, Facultade de Ciencias da Comunicación da USC en Santiago de Compostela 2010, Paraninfo da Universidade do País Vasco, Bilbao 2011, Auditorio Manzana del Revellín, Ceuta 2013, Teatro-Auditorio en Llinars del Vallès, Barcelona 2016, Museu Nadir Afonso, Chaves 2018, Igrexa de Saint-Jacques-de-la-Lande, nas aforas de Rennes.

Premios e recoñecementos Premio Príncipe de Gales da Universidade Harvard, Estados Unidos, 1988. Medalla de Ouro do Colexio de Arquitectos de Madrid, España, 1988. Premio Mies van der Rohe de Arquitectura Contemporánea polo proxecto do Banco Borges e Irmão, 1988. Premio Pritzker, 1992. Premio Nacional de Arquitectura de Portugal, 1993. Premio Wolf das Artes, 2001. Gran Premio Especial de Francia, 2005. Premio Luso-Español de Arte e Cultura, 2010.

Exposicións 2014, marzo: Visións da Alhambra na Aedes am Pfefferberg, Berlín. Comisario: Arq. António ChoupinaA Perla de Granada permanece intacta no Frankfurter Allgemeine Zeitung do 5. Maio, 2014. Páx14 2014, xuño: Visións da Alhambra no Vitra Campus, Weil am Rhein. Comisario: Arq. António ChoupinaThe Alhambra Project no Vitra Design Museum do 13. Xuño, 2014 2015, febreiro: Visións da Alhambra no Palacio de Carlos V, Granada. Comisario: Arq. António ChoupinaVisiones de la Alhambra no Patronato de Alhambra y Generalife do 9. Febreiro, 2015 2015, maio: Visións da Alhambra, no Museo Nacional de Arte, Arquitectura e Deseño, Oslo. Comisario: Arq. António Choupina - Visita Oficial do Presidente de Portugal á NoruegaÁlvaro Siza Vieira. Visions of the Alhambra no Museo Nacional de Arte, Arquitectura y Deseño do 4. Maio, 2015 2016, xullo: Visións da Alhambra, no Museo Aga Khan, Toronto. Comisario: Arq. António ChoupinaÁlvaro Siza Vieira. Gateway to the Alhambra no Museo Aga Khan do 23. Xullo, 2016

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web oficial de Álvaro Siza Siza na Web dos Prizker

Categoría:Arquitectos de Portugal do século XX Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Matosinhos Categoría:Nados en 1933 Categoría:Alumnos da Universidade do Porto