A escultura paleolítica é a representación escultórica desenvolvida durante o Paleolítico.

miniatura|200px|Venus de Willendorf (Museo de Historia Natural, Viena)

Nesta etapa destacan as figuras femininas, talladas en vulto redondo ou en relevos moi expresivos, que deberon de ser ídolos da fecundidade ou venus paleolíticas, nas cales se esaxeran os trazos femininos (esteatopixía): seos, cadeiras, glúteos, e ventre moi remarcado, en tanto que o rostro apenas está esbozado. Son numerosos os lugares europeos en que apareceron estas figuras, encontrándose sobre todo en Francia. As máis destacadas son a Venus de Willendorf (Viena) moi probablemente pertencente ós períodos Auriñaciense e ó Solutrense a Venus de Laussel (Francia).

Esta Venus de Laussel é unha das obras básicas para comprender a prehistoria. Foi descuberta no ano 1911 polo doutor Lalanne na rexión da Dordoña francesa. Hoxe áchase no Museo de Saint Germain en Laye. O seu descubridor describe así á muller do corno:

Nas súas orixes a estatua, pintada de vermello, formaba parte dun bloque de pedra, cuxa curvatura natural foi aproveitada para dotar á figura esculpida dun lixeiro avultamento que lle dá un grande realismo. O bloque de pedra era o centro dun santuario, posiblemente reservado a rituais relacionados coa fecundidade.

Xunto a estas esculturas son importantes os relevos e gravados en utensilios feitos de marfil, óso e hastas de reno, que representan a animais tallados cun gran realismo nas súas formas e actitudes.

Véxase tamén Outros artigos Arte paleolítica Arte rupestre Pintura rupestre Arte mobiliar

Categoría:Historia da escultura