dereita|200px

Jan Oscar Sverre Lucien Henri Guillou, nado en Södertälje o 17 de xaneiro de 1944, é un escritor e xornalista sueco.

Traxectoria Traballou como xornalista para o Folket i Bild - aktuellt nos anos 1966 e 1967. Foi cofundador en 1970 da revista Folket i Bild - Kulturfront, na que en 1973 escribiu en colaboración con Peter Bratt unha serie de artigos nos que se revelou que Suecia mantiña, de forma ilegal, unha axencia militar de espionaxe, coñecida como Informationsbyrån ou IB, que espiaba a cidadáns suecos por razóns políticas. O asunto converteuse nun escándalo político, IB-affären e Guillou, xunto a Bratt, foi acusado de espionaxe e pasou dez meses na cadea.

Na súa estadía na prisión, Guillou pensou como podería escribir o que sabía sen realmente escribir sobre iso, o que tiña prohibido facer. Decidiu escribir unha serie de historias de ficción sobre un espía sueco, así foi como naceu o personaxe de Carl Hamilton, alcumado como Coq Rouge, que deu orixe a 10 novelas, das que se fixeron varios filmes. Tamén escribiu unha serie de novelas que protagoniza Arn Magnusson, un cabaleiro templario sueco.

Actualmente Guillou é un comentarista influente, os seus artigos aparecen no xornal Aftonbladet, e dende alí critica a política exterior dos Estados Unidos, a política israelí contra os palestinos ou o Servizo Secreto Sueco.

Obra Serie Coq Rouge Coq Rouge - berättelsen om en svensk spion (1986) Den demokratiske terroristen (1987) I nationens intresse (1988) Fiendens fiende (1989 Den hedervärde mördaren (1990) Vendetta (1991) Ingen mans land (1992) Den enda segern (1993) I hennes majestäts tjänst (1994) En medborgare höjd över varje misstanke (1995)

Serie Arn Magnusson Vägen till Jerusalem (1998) Tempelriddaren (1999) Riket vid vägens slut (2000) Arvet efter Arn (2001)

Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados no condado de Södermanland