é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse na TVG o 31 de decembro do 2012.
Sinopse Cando non hai tempo de fuxir... Serías quen de salvar a persoa que amas?
Desta volta, o escenario desta quinta película sitúase no alto dunhas torres xemelgas, deseñadas por un aprendiz de Teiji Moriya, que apareceu no primeiro filme.
De camiño de volta dunha acampada, o noso heroe o detective Conan e os seus amigos paran diante das torres xemelgas que están a piques de seren inauguradas. Alí, atópanse con Ran, a súa amiga Sonoko e o seu pai, o detective Mouri. Tamén coñecen unha fermosa muller chamada Mio Tokiwa, a propietaria dos rañaceos, e outra xente sospeitosa que parece ter intencións macabras.
No momento no que acontece o primeiro asasinato, un Porsche de cor negra aparece. Un dos Homes de Negro, que obrigou a Shinichi a beber o bebedizo que o fixo encoller, condúceo. Malia o asasinato, a atractiva Tokiwa insiste en celebrar unha cerimonia para festexar a apertura das torres. Agora, os asasinatos en serie estarán a piques de empezar, a unha altura de 300 metros desde o chan. Poderá Conan fuxir desde o andar que está máis achegado ao ceo?
Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2012. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKazuhiko InoueAi HaibaraChelo DíazMegumi HayashibaraChinami SawaguchiXermana CarballidoAya HisakawaYoshiaki HaraAntón OlmosKoichi HashimotoMio TokiwaLucía CidToshiko FujitaHohsui KisaragiXavier PerdizIchiro NagaiIwamatsu OokiAlfonso AgraTakeshi WatabeHidehiko KazamaMonti CastiñeirasJuurota KosugiGinCoté SansegundoYokitoshi HoriVodkaXosé TanasFumihiko TachikiAxente TakagiManolo PombalWataru TakagiAxente ChibaAntón RubalIsshin ChibaAkemi MiyanoHelena AmoedoSakiko TamagawaAxente ToméAntón RubalToshihiko Nakajima
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Always" ("Sempre"), interpretada por Mai Kuraki. Este tema é, ademais, o décimo segundo peche da serie, e está dobrado ao galego para o anime. Malia isto, na versión galega do filme, permanece o tema orixinal en xaponés.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2002.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego