Javier Ignacio Maroto Aranzábal, nado en Vitoria o 6 de xaneiro de 1972, é un político vasco, vicesecretario sectorial do Partido Popular. Foi o alcalde do concello de Vitoria entre 2011 e 2015.
Traxectoria Tras cursar estudos no colexio San Viator da capital arabesa estudou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Deusto.
En 1999 formou parte da candidatura do PP para o concello de Vitoria, tras ter sido membro de Novas Xeracións de Áraba e tras a vitoria do Partido Popular na capital arabesa ocupou o cargo de tenente de alcalde e concelleiro delegado de Facenda, unha responsabilidade que desempeñaría nos oito anos de goberno do PP (1999-2007). Nesas dúas lexislaturas con Alfonso Alonso como alcalde, exerceu ademais como portavoz do Goberno, presidente da sociedade municipal Gilsa, encargada da xestión do solo industrial no municipio de Vitoria, e concelleiro responsable de Novas Tecnoloxías. miniatura|250px|Javier Maroto nunha rolda de prensa no concello de Vitoria. Desde 2008,Europa Press, 3 de abril de 2008: Alonso abandonará el Ayuntamiento de Vitoria tras doce años y será substituído por Maroto como portavoz municipal Javier Maroto foi o voceiro do grupo municipal do PP no consistorio vitoriano, así como o seu responsable na área de Urbanismo.El Correo, 14 de decembro de 2008: Entrevista a Javier Maroto Tamén formou parte, como representante do Partido Popular, do consello da sociedade municipal Ensanche 21, encargada da expansión urbana da capital arabesa polas novas áreas de Salburúa e Zabalgana. Así mesmo, é o secretario de organización do Partido Popular en Áraba.
É un dos poucos políticos do Partido Popular que criticou publicamente a posición do Partido Popular sobre o matrimonio homosexual. O 5 de novembro de 2010 nunha entrevista ofrecida a Radio Vitoria opinou que "sería un erro eliminar a lei de matrimonios homosexuais".
Javier Maroto presentou o 23 de xuño de 2010 a súa candidatura á alcaldía de Vitoria para 2011, a cal gañou nas eleccións do 22 de maio. Foi investido alcalde o 11 de xuño de 2015.
Perdeu a alcaldía de Vitoria o 13 de xuño de 2015 en favor de Gorka Urtaran do PNV, a pesar de gañar as eleccións, debido a que os concelleiros de PNV, EH Bildu, Sumando-Hemen Gaude e Irabazi Gasteiz votaron polo candidato jeltzale.Urtaran logra a alcaldía de Vitoria apoiado por EH Bildu, Podemos e Irabazi. El Correo, 13 de xuño de 2015.
O 18 de xuño de 2015 o Presidente nacional do Partido Popular Mariano Rajoy nomeouno Vicesecretario Sectorial, cargo de nova creación.Rajoy premia a Javier Maroto cun posto na dirección do PP nacional. El Correo, 18 de xuño de 2015.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Alcaldes de Vitoria Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP