Manuel Julián Cardona Molano, nado en Popayán o 25 de abril de 1977, é un actor colombiano.
Traxectoria Educouse na cidade de Cali, aos 14 anos comezou a gravar anuncios para a televisión e traballou como modelo. En Bogotá principiou a estudar relacións internacionais e finanzas. Empezou a actuar en 1995 na serie Padres e hijos e en 1998 tivo o seu primeiro papel protagonista na telenovela Carolina Barrantes pero foi ao ano seguinte con ¿Por qué diablos? cando comezou a adquirir sona como actor. En 2003 protagonizou a primeira telenovela fóra do seu país Ladrón de Corazones de Telemundo. No ano 2005 realizou dous filmes Rosario Tijeras e La mujer de mi hermano. No ano 2009 realizou a versión española de Sin tetas no hay paraíso.
Categoría:Actores de Colombia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Colombianos de ascendencia catalá