TRS 1 (Tetrahedron Research Satellite 1), tamén denominado ERS 2, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 17 de setembro de 1962 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características TRS 1 foi o primeiro membro da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 1 ía acoplado ó satélite de recoñecemento KH-4 12, e aínda que o lanzamento tivo éxito, TRS 1 non se desacoplou do satélite principal. A súa misión consistía na observación do cinto de radiación terrestre tras a proba nuclear espacial Starfish Prime que tivo lugar o 9 de xullo de 1962 sobre a illa Johnston, e o estudo da radiación nas células solares. Foi inxectado nunha órbita inicial de 616,6 km de apoxeo e 199 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 81,85 graos e un período de 92,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 19 de novembro de 1962.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites